UxC escoita as peticións dos veciños para os orzamentos 2019

UxC escoita as peticións dos veciños para os orzamentos 2019

O concello de Cambre pon en marcha, por terceiro ano consecutivo, a campaña de orzamentos participativos «Decidámolo Xuntos» con varias novidades. Este ano, segundo explicou o alcalde, Óscar García Patiño, a campaña será máis participativa e obxectiva xa que serán os técnicos os que puntúen as propostas en canto a súa viabilidade técnica e orzamentaria e serán os veciños os que as voten para incluílas nos orzamentos.

Un manual de valoración elaborado polos técnicos explicará os criterios de valoración das propostas. O manual podese consultar na web municipal e no manual que os veciños recibirán nos seus domicilios. Os veciños poderán facer as súas propostas a través da web municipal ou a través da nova APP que pon en marcha o concello. A APP estará dispoñible para Android e IOS.

Os veciños tamén poderán achegar as súas propostas aos orzamentos municipais 2019 a través dos formularios que recibirán nos seus domicilios. Os formularios deberán depositarse nos buzóns dos centros sociais de cada parroquia, envialos a decidamoloxuntos@cambre.org ou presentalos en calquer rexistro municipal. As persoas con dificultade para desprazarse por mor dalgunha incapacidade, poderán avisar no 981613128 e unha persoa do concello irá a recoller o formulario.

O goberno que dirixe García Patiño tamén se reunirá con todas as asociacións veciñais de Cambre para recoller as súas propostas. Ata o mes de outubro, os veciños poderán facer chegar as súas peticións.