UxC garante as 112 vivendas de protección oficial

UxC garante as 112 vivendas de protección oficial

Convencidos de que a ordenación territorial é clave para un crecemento urbanístico racional, para a xeración de emprego e o impulso da economía local, Unión por Cambre (UxC) aposta por un urbanismo social e sostible. A día de hoxe, xa se conta co estudio de inicio do Plan Xeral que se concluirá nesta vindeira lexislatura.

Dende UxC estiman que, nos vindeiros 15 anos, o concello medrará en 8.000 habitantes garantindo así poder desenvolver un urbanismo sostible e de calidade. Un urbanismo sostible e social no que se garante a vivienda de protección oficial, un banco de vivenda de aluguer, máis espazo para os veciños e máis zonas verdes.

Pero á espera da aprobación do Plan Xeral para afondar nestas líneas, grazas ao urbanismo de UxC, Cambre vai contar con 112 viviendas de protección oficial que se van desenvolver en catro unidades de actuación que xa están en marcha. Dende o goberno de García Patiño non se entende que haxa que esperar á aprobación do plan xeral cando a lei permite sacar adiante unidades de actuación que permitirán achegar antes vivenda de protección a Cambre.

Deste xeito, un total de 36 vivendas de protección oficial estarán ubicadas en Cecebre, dentro do proxecto de execución dos Castros do Bosque. Un proxecto que xa conta co visto bo da Xunta.

O resto das vivendas de protección xa en marcha ubícanse en outras tres unidades de actuación. No SAUR 1R, o proxecto do Portafaro, onde se crearán 59 vivendas a protección oficial; na UE 3, coñecida como a zona da lotería de Cambre, haberá 14 vivendas de protección oficial e na UE 10, na zona do Leonardo no Paraugas, vanse destinar 3 vivendas a protección oficial. Estos tres proxectos están xa entregados na Xunta. Tres proxectos estos últimos que, por certo, tiveron o voto en contra de Esquerda Unida e o Partido Popular.

Dende UxC apostan por unha fórmula concreta para acadar vivendas de protección en Cambre pero non están pechados a escoitar outras propostas. Por iso, aínda que nestes catro anos de lexislatura os grupos da oposición non fixeron ningunha proposta concreta para acadar vivenda de protección, dende Unión por Cambre están dispostos a escoitar e valorar outras fórmulas que se propoñan para acadar canto antes vivenda de protección porque, como defenderon en moitas ocasións, a política urbanística de UxC sí aboga por crear vivendas con prezo regulado, sí aboga por vivenda de protección oficial e por vivenda pública. Coa mente posta nese obxectivo están a traballar.

UxC ven demostrando, dende hai catro anos, que se pode facer un urbanismo diferente ao que se estaba desenvolvendo no concello. Un urbanismo que, nesta lexislatura, restableceu a legalidade urbanística con varias demolicións e foi quen de poñer a disposición da veciñanza espazos como a Horta do Cura e a apertura da rúa Balado en Cambre, proxectos que levaban anos agochados nos caixóns. Unha liña na que seguen a traballar para acadar novos espazos verdes para a veciñanza en torno ao río Mero, para converter en públicas edificacións como as rectorais ou executar a I fase de recuperación das Casas Bailly.