A Xunta non responde á petición de solucións para os problemas de...

A Xunta non responde á petición de solucións para os problemas de seguridade viaria da parroquia de Pravio

O concello de Cambre segue esperando unha resposta da Axencia Galega de Infraestructuras da Xunta, sobre as medidas que vai tomar para solventar o mal estado do firme da AC-214 e da AC-211. Ambas estradas de titularidade autonómica presentan un firme en mal estado con puntos nos que o pavimento está levantado e outros no que está afundido.

O 4 de xuño de 2018, o alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, enviaba un escrito á Axencia para comunicar esta situación e solicitar unha solución ao tempo que solicitaba unha mellora da seguridade viaria no cruce do cruceiro de Pravio.

Ante a ausencia de resposta por parte da Xunta de Galicia, o pasado 11 de abril de 2019 envíase un novo escrito reiterando esas peticións que son de tanta importancia para peóns e conductores que usan habitualmente estas estradas para moverse.

O alcalde de Cambre non entende este pasotismo da Xunta que, en vez de afrontar os problemas, da sempre a calada por resposta.