Cambre levará á Xunta a un contencioso pola conexión da Vía Artabra
O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, asegurou despois da reunión dos alcaldes da área metropolitana coa conselleira de Infraestructuras, Ethel Vázquez, donde a conselleira deixou clara a posición da Xunta en relación á conexión da Vía Ártabra na Gándara, que cando se aprobe ese entronque Cambre levará o asunto ao contencioso con fin de defender os intereses dos veciños e veciñas de Cambre.
«Cambre defende a postura que defenderon os alcaldes da comarca no Pazo de Mariñán, incluido o de Oleiros, conexión en Catro Camiños e libre de peaxe», sinala o alcalde cambrés de UxC. Un enlace que permitirá, tamén, a conexión da Vía Ártabra coa A-6, algo que hoxe en día, para García Patiño, está en grave perigo.
Tal e como sinalou García Patiño, «isto é unha locura xa que en lugar de facer o nudo de enlace lóxico e continuar cara á A6, se fai un enlace máis abaixo que só beneficia a un concello, e logo se di que se quere continuar ata a A6 por Catro Camiños, é unha barbaridade».
O mandatario cambrés tamén asegurou que «pouco lles importa a peaxe a esa xente. Non pensan na veciñanza do rural de Cambre, na súa mobilidade e na cohesión do territorio. Para nós conectar esas parroquias coa A6 e os polígonos industriais sería o que benificiaría aos cambreses».