A alcaldesa paga a asignación ao seu partido e Alternativa dos Veciños, o socio nas xuntas de goberno, pero segue sen pagar a entidades, proveedores e o resto de partidos da Corporación
A deriva do goberno de Diana Piñeiro tras dez meses ao frente do Concello de Cambre é tal que, ademáis de priorizar a pintura de paredes e colocación de cadros na Casa Consistorial como obras prioritarias para a brigada mentras as fochancas seguen sen tapar, ahora o reparto dos cartos públicos tamén se fai a discreción, según denuncia UxC.
Nas comisións informativas do xoves 19 de febreiro, o concelleiro de Economía e Facenda admitiu que a 31 de decembro de 2025 o concello de Cambre tiña unha débeda de 7.698.129,42 euros (cando gobernaba UxC pechouse 2024 cunha débeda de 5.526.764,63 euros) o que supón que o goberno de Piñeiro, tras xestionar o concello dende o 21 de abril, engrosou a débeda en 2.171.364,79 euros máis, un indicativo da boa xestión económica que está a facer este goberno que tantas leccións daba dende a oposición en materia económica.
Non foi ata decembro de 2025, cando a alcaldesa se atreveu a levar, por primeira vez, un Recoñecemento Extraxudicial de Crédito a pleno para pagar facturas atrasadas por importe de 81.624 euros quedando no caixón moitiísimas outras que aínda, dous meses despois, non acaban de chegar a pleno. Facturas atrasadas e facturas tamén do propio exercizo 2025 que nin sequera terían que ir a pleno, quedaron á espera de próximos pagos non se sabe moi ben cando.
Pero o que non quedou pendente foi o pago das asignacións que lles corresponden aos partidos políticos con representación en Cambre, por acordo plenario de xullo de 2023, xa que o día 30 de decembro, Diana Piñeiro autorizou e pagou tanto ao seu partido, o Partido Popular, como a Alternativa dos Veciños que son quenes a acompañan en Xunta de Goberno Local ditas asignacións.
O pago destas cantidades son de debido cumprimento co acordo plenario o que xa non é normal é que se faga o pago só a dous partidos, os que están gobernando e en XGL, mentras o resto seguen sen percibir o que lles corresponde. Esta actitude, de pagos a discrecionalidade imposto pola Alcaldesa, profundiza toda vía máis esa política autoritaria que se asentou en Cambre dende hai dez meses, segundo explicou a portavoz de UxC, María Pan.
“Os datos están ahí para demostrar que a Sra. Piñeiro paga a quen considera e castiga aos que non son os seus amigos senón como se pode explicar que un partido como Unión por Cambre, que solicitou o pago do primeiro semestre en xuño e o reiterou en outubro, non cobrase e o Partido Popular que solicita o pago o día 29 de decembro de 2025 cobre ao día seguinte os 3.400 euros do segundo semestre de 2025. Sen dúbida este pago foi o máis áxil deste goberno. Pago ao que se suma o que se lle fixo a Alternativa dos Veciños de toda a anualidade de 2025 solicitada o 28 de agosto de 2025, ingresando o último día do ano a cantidade de 4.400 euros. Datos que veñen a corroborar os pagos a discreción que fai a Alcaldesa sen atender os asuntos por orde de entrada en rexistro senón polos criterios que ela mesma establece, xogando cos cartos públicos como se fosen seus”.
A Sra. Piñeiro non está gobernando para Cambre e non está a defender o interés xeral do Concello. “Goberna para os seus, axudas aos seus e establece prioridades en función de amiguismos e tratos de favor, porque noutro tema tan escandaloso como o do estado das estradas municipais, e á espera de que mellore o tempo para empezar a rebachear segundo explicou en comisións informativas o 19 de febreiro, en Meixigo sí se taparon dous baches hai semanas. Curiosamente, os que están na entrada do camiño que vai á casa dun dos seus asesores. Está é a política de Diana Piñeiro.





