Unión por Cambre vota a favor do pago de facturas por importe...

Unión por Cambre vota a favor do pago de facturas por importe de 59.644,06 euros

No pleno extraordinario que se celebrou este martes 10 de marzo, o partido de Pan pediu deixar sobre a mesa dúas facturas de decembro de 2025 por importe de 1.622,70 euros de traballos sen contratar, por non ter ningún tipo de informe técnico que avalase o levantamento de reparo.

Durante o pleno, a voceira do GM de Unión por Cambre desgranou as tres propostas que levou a pleno o goberno e puxo en coñecemento público varios erros entre facturas de seguros e suministro de gasóleo con contratos en vigor que foron informados de reparos suspensivos, cando non ten lóxica algúnha. Facturas estas de meses de 2025 xunto con outras, que poderían ser pagadas antes de fin de ano por resolución de alcaldía, evitando así levar este Recoñecemento Extraxudicial de Crédito a pleno simplemente se, «o goberno que agora considera urxentísimo pagar estas facturas, priorizase dito pago frente a outros que sí pagou o 30 de decembro de 2025, por exemplo as asignación que lle corresponde a AV e ao PP pola anualidade 2025. Para eles, foi máis importante facer ese pago que pagar esas facturas de seguros coas que querían xustificar en febreiro a urxencia do asunto no pleno. É unha cuestión de priorizar e de darlle para adiante ás facturas que son realmente urxentes, as outras poden esperar» argumentou Pan que tamén lembrou palabras da alcaldesa cando, dende a oposición, tildaba de ilegal o pago de facturas sen contrato en vigor».

Na súa intervención a voceira de UxC alegrouse que por fin o goberno do PP dixera que o máis importante é pagar as facturas, algo que Unión por Cambre sempre defendeu no goberno e que o Partido Popular co seu voto en contra impedía realizar, ata en cinco ocasión o pago de facturas de anualidades anteriores. «Agora traen incluso a pleno, facturas de 2025 que a alcaldesa puido pagar antes de rematar o ano cando pagou outras que entraron con data posterior. Algo está a pasar no departamento económico do concello de Cambre. É un auténtico caos».

Gracias á aprobación destas facturas, finalmente cobrará un proveedor de medallas para un torneo de judo que Unión por Cambre xa levara a un REC en decembro de 2024 pero que, nalquel momento, os votos en contra do PP, BNG e PSOE, imposibilitaron o seu pago. María Pan lembrou, na súa intervención as verbas de Diana Piñeiro en pleno de xaneiro de 2025: «Pagarlle a unha empresa que non ten contrato,é legal? Sí ou non? E vostede, Sra. Pan, pretende que os grupos desta corporación sexamos cómplices de feitos presuntamente delictivos». Esta eran as verbas da hoxe alcaldesa que agora utiliza ese mesmo procedemento para pagar aínda con informes en contra das habilitadas. «Agora, parece ser, que xa non é tan delictivo nin tan endemoniado o pago a través de Recoñecemento Extraxudicial de Crédito, porque se deron conta que coas revisións de oficio que tanto defendían, non van a ningún sitio. Levan once meses, 5 Recoñecementos Extraxudiciais e só dúas liquidacións a través da solución máxica que tiñan estando na oposición. Os números son os que son» conclúe a voceira de UxC.