UxC denuncia a mutilación das do patrimonio medioambiental do centro de Cambre

UxC denuncia a mutilación das do patrimonio medioambiental do centro de Cambre

Unión por Cambre sempre defenderá, o fixo no goberno e o sigue a facer agora na oposición, o equilibrio entre a defensa do patrimonio cultural, natural e os espazos públicos de Cambre coa actividade cultural, deportiva e festiva deste concello.

Fronte a isto, o goberno de Diana Piñeiro aposta pola mutilización medioambiental de varios exemplares de árbores do Campo da Feira para poder instalar a carpa para o Entroido de Cambre. Aberración de tales dimensións, lonxe de seguir procedemento reglado algún, porque compre sinalar que dende Patrimonio esixiron ao goberno a contratación dun arqueólogo antes de facer a tala masiva de 27 árbores que se pretende facer no Campo da Feira e no Campo dos Cochos. Xunto coa ausencia do arqueólogo, falta tamén informe técnico sobre o cumprimento urbanístico así como un plan de reforestación co que a alcaldesa se comprometeu en pleno co resto dos grupos da Corporación Municipal.

Por moito que repita como un mantra que acaban de podarse árbores senlleiras no Campo da Feira porque estaban en mal estado, calquera pode ver que eso que ela chama poda é unha tala feita a medida para poder instalar a carpa do Entroido que, ata o momento, sempre respetaba a zona arborada con informes que impedían outro tipo de carpa precisamente por esa protección. Agora, todo vale. Curioso é que, se apoien no mal tempo, para que a poda/tala se tivera feito xusto os días da instalación da carpa e que sexa, precisamente nese intre cando a poda/tala que tamén se fixo no Campo dos Cochos se fixo moitísimo antes sendo o mesmo tipo de árbore e de porte similar.

Insiste, Piñeiro, que esa tala que solicitaron a Patrimonio aínda non se pode facer porque teñen que contratar un arqueólogo como lles require o ente autonómico, por moito que diga que está pendiente ese proxecto de reforestación co que se comprometeu en pleno a instancias dun rogo de Unión por Cambre no mes de decembro, o certo e real é que dous días antes da celebración do Entroido Pequeno só se podaron/talaron unhas árbores que estorbaban na liña de instalación da carpa. 

A dúbida está sembrada. Só esas árbores son as dañadas deses 27 exemplares que o goberno pretende facer desaparecer do Campo da Feira por estar, segundo eles, con risco de caída?

Nas comisións informativas deste xoves, Unión por Cambre preguntou por este tema que a alcaldesa defendeu como unha poda normal e comprometeuse a entregar o suposto informe sobre esas árbores que se atopan en tan mal estado que non se podería actuar doutro xeito que non sexa a tala.

Dende Unión por Cambre estaremos atentos á chegada dese informe porque, moito nos tememos que a actuación destos días sobre os exemplares arbóreos do Campo da Feira pouco teñen que ver con ese suposta actuación que, para executar, teñen pendente aínda, tal e como informou en comisións a propia Alcaldesa, a contratación dun arqueólogo tal e como lles esixe Patrimonio.

Carpas atornilladas ao chan e coches en zonas peonís

Todo que o goberno de Unión por Cambre acadou en canto a respecto polo patrimonio e compatibilizar ese respecto e protección coas actividades culturais, deportivas e festivas, Diana Piñeiro o está botando por terra ao consentir a anclaxe de carpas ao chan como fixo coa instalación feita da carpa no patio do colexio do Graxa ou coa carpa do Rock in Cambre ou ao permitir o uso abusivo como estacionamento da zona peonil da entrada ao concello así como no levar control ningún sobre os estacionamentos que se están a levar a cabo no adro parroquial.

Lonxe de protexer o patrimonio municipal, a alcaldesa do Partido Popular permite que os coches campen ás súas anchas polas beirarrúas do concello, que invadan zonas peonís ou que se perforen prazas ou patios de colexios pero o máis sangrante, si cabe, é que o patrimonio natural de Cambre tamén lle importe máis ben nada.