Cambre consigue unha axuda estatal para a automatizar  a tramitación das subvencións...

Cambre consigue unha axuda estatal para a automatizar  a tramitación das subvencións municipais

Modernizar e dixitalizar a administración local é un dos obxectivos centrais do goberno que preside UxC por iso destinará a subvención de 108.053 euros que acaba de acadar do Ministerio de Política Territorial dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia que se usará, íntegramente, para automatizar a tramitación das subvencións municipais. Con este proxecto subvencionado agora por fondos estatais quérese “dar cumprimento ao compromiso adquirido en 2022  coas entidades receptoras  das subvencións municipais para axilizar a tramitación das subvencións e reducir carga de traballo ao persoal municipal”.

Este proxecto permitirá implementar un novo sistema apoiado en RPA, robótica de procesos de automatización, e BMP, xestión de procesos, para reducir tempos de tramitación e mellorar, por tanto, o servizo á cidadanía.

A RPA permitirá validar automáticamente os datos das solicitudes para asegurarse que están completos e son válidos ademáis de organizar datos de forma automática e enviar notificación aos solicitantes para informarlos do estado das solicitudes.

Pola súa parte, o sistema BMP definirá o proceso de baremación das solicitudes, automatización das tareas asociadas á baremación e facilitará a labor aos técnicos municipais.