Sete instalacións municipais estrean equipamento deportivo

Sete instalacións municipais estrean equipamento deportivo

As pistas polideportivas de Meixigo, Castros do Bosque, O Souto, os campos de fútbol Dani Mallo, Lendoiro e Os Pinares e a polideportiva de Anceis, contarán con novo equipamento deportivo despois da adxudicación  do contrato que achegará diverso material deportivo a estas instalacións.

Trátase, concretamente, dun elemento biosaudable tipo surf para Meixigo, dous elementos de esquí de fondo ou elíptica para Meixigo e Castros do Bosque en donde tamén se instalarán dúas canastras. Suministro dunha mesa de tenis para a polideportiva de Anceis, dous xogos de canastras para O Souto en Sigrás e seis cepillos limpabotas, dous para campo de fútbol.