García Patiño comprométese a acortar os tempos das xestións municipais
Información, participación e transparencia son os pilares que Unión por Cambre instalou no concello nada máis chegar a alcaldía. Tres pilares que o alcalde, e candidato á alcaldía por Unión por Cambre, Óscar García Patiño, se compromete a manter para a vindeira lexislatura na que, apunta, se van a acortar os tempos para a tramitación de xestións municipais.
García Patiño entende que para o cidadán os tempos administrativos fanse moi longos por iso o seu compromiso, de cara a vindeira lexislatura, é axilizar todos os trámites administrativos para que as xestións municipais se acorten no tempo.
Esta medida sumarase a todas as accións que Unión por Cambre puxo en marcha no concello en canto a participación veciñal, a través do Decidámolo xuntos dos orzamentos participativos, e os constantes encontros coas asociacións do concello.
En materia de información, participación e transparencia, o partido que lidera García Patiño comprométese a ampliar o servizo de wiffi gratuíto a outras zonas do concello – a día de hoxe funciona en Cambre, A Barcala e O Temple – así como ampliar as plataformas de aplicación da administración electrónica entre a veciñanza, asociacións, empresas e concellos.