UxC porá en marcha seis accións en defensa do medio ambiente
Para Unión por Cambre a vindeira lexislatura ten que ser a do compromiso real coa protección do medio ambiente. Un compromiso que se traducirá en sete medidas concretas coas que o partido de García Patiño quere aportar o seu gran de área na loita contra os impactos do cambio climático.
A primeira medida que vai tomar UxC ao frente do goberno cambrés será a posta en marcha de programas de aforro enerxético en todos os edificios municipais e alumeado público. Para iso, o equipo de García Patiño apostará polo uso de enerxías alternativas como a biomasa, a geotermia, a eólica e o biogás.
Unha segunda medida será poñer en marcha un proxecto de custodia do territorio para xestionar a masa forestal, o espacio cultivable e a gandería que hai no concello. Medidas que servirán para facer do monte que hai no termo municipal un espazo útil e productivo ao tempo que axudarán na prevención dos incedios forestais.
UxC propón, ademáis, a creación dun viveiro municipal para impulsar a plantación de árbores autóctonas que servan para repoblar os nosos montes e acadar, en Cambre, unha masa forestal de calidade.
A incorporación de arbolado en todas as estructuras urbanas do concello; poñer en marcha unha política de activación económica, de esparcemento e de ocio nos nosos espacios naturais e mellorar o sistema de reciclaxe dentro dun plan de residuos a nivel de área metropolitana, son outras das medidas a poñer en marcha por Unión por Cambre en materia de preservación do medio ambiente.