Un mapa reflexa as actuacións que levou a cabo o grupo municipal...

Un mapa reflexa as actuacións que levou a cabo o grupo municipal de UxC ao frente do goberno cambrés

É tempo de realidades, é tempo de facer balance e lembrar o traballo que leva feito o grupo municipal de UxC nesta lexislatura que estivo presidida polo noso alcalde, e candidato á alcaldía por UxC, Óscar García Patiño.

Dunha forma gráfica e moi visual, UxC invítavos a facer unha viaxe polo concello de Cambre e ver as actuacións máis importantes levadas a cabo nestes catro anos. O mapa de UxC permítenos viaxar por todo o municipio e ir descubrindo as acción xa executadas mediante un documento gráfico e unha descripción da obra en cuestión, ao tempo que nos permite ubicala grazas a súa xeolocalización.

Con feitos queremos facer balance do traballo de UxC dentro do goberno municipal. Este mapa, que tamén conta con información adicional de certas actuacións, é un documento vivo que irá completándose con outras obras a medida que se vaian rematando e incorporará, en breve, novos contidos. Actualmente, o verde de UxC e unha X, identifican o lugar donde se acometeron diversas actuacións nestes catro anos.

En breve, tamén se poderán consultar, as actuacións que xa están aprobadas e licitadas e que virán a completar toda a acción desenrolada ao longo desta lexislatura polos cinco concelleiros de UxC que participan no goberno do concello.

Tal e como vimos asegurando dende hai tempo, co noso #cumprimosconCambre, estas actuacións demostran que Cambre evolucionou nestes anos e que neste concello están mudando as cousas. #Ontecompromisoshoxerealidades é, precisamente, o mellor resume destes catro anos de UxC nun goberno presidido polo alcalde e candidato á alcaldía de Cambre por UxC, Óscar García Patiño.

Sen palabrería, sen descalificacións, sen acusacións en falso…o noso traballo demostrase con feitos e con realidades. Temos un proxecto de futuro para Cambre, un proxecto no que está a participar a veciñanza. E sí, podémolo dicir claramente, nós #cumprimosconCambre.

Pincha sobre o mapa e descubre todo o que se leva feito.