UxC elixe a candidatura que concurrirá ás municipais de maio

UxC elixe a candidatura que concurrirá ás municipais de maio

O domingo 7 de abril concluíu o proceso de elección da candidatura coa que Unión por Cambre concurrirá ás eleccións municipais de maio.

Un proceso participativo onde os afiliados elexiron os nomes que conforman a lista electoral de UxC.

Unha lista que, tal e como destacou o candidato de UxC Óscar García Patiño, é froito dun proceso democrático no que os afiliados escolleron aos integrantes da lista nun proceso que tivo lugar o pasado domingo 31 de marzo. A lista votada o 31 de marzo foi refrendada por unanimidade na asamblea o pasado domingo.

Unha candidatura, a mellor para Cambre, segundo indicou García Patiño, coa que UxC quere gobernar e seguir traballando para seguir construíndo un concello mellor. Unha lista, composta por homes e mulleres vinculados ao tecido asociativo do municipio, que coñecen de primeira man as necesidades das súas parroquias e queren traballar para solucionalas. Mulleres e homes que levan anos loitando para acadar un Cambre  mellor e que se comprometen a seguir loitando co mesmo ímpetu por mellorar o seu concello dende o goberno.

O candidato de UxC, Óscar García Patiño, mostrouse moi orgulloso desta candidatura convencido que por diante teñen catro anos para seguir falando de Cambre, para seguir buscando solución aos problemas reais dos veciños e para demostrar que, con UxC, as promesas fanse realidade. “Estou orgulloso deste partido e dos seus afiliados e afiliadas. A todos nos une un obxectivo común: mellorar o benestar dos vecinos e veciñas de Cambre”. Moitos dos presentes na lista repiten e otros son novos en política como o caso de Dani Mallo, ex xogador do R. C. D. Deportivo, que aspira a contribuir desde a súa experiencia a mellorar a calidade de vida dos cambreses.

 

CANDIDATURA ÁS ELECCIÓNS MUNICIPAIS 26 DE MAIO 2019

1-   ÓSCAR GARCÍA PATIÑO

2-   JUAN GONZÁLEZ LEIRÓS

3-   ELISA PESTONIT BARREIROS

4-   RAMÓN BOGA MOSCOSO

5-   MARÍA DEL CARMEN PAN MATOS

6-   DANIEL MALLO CASTRO

7-   MONICA VARELA GERMADE

8-   MARIA PAN LESTA

9-  JOSÉ ANTONIO RIVEIRO RODRIGUEZ

10- MANUEL PARÍS RODRIGUEZ

11- EUSEBIO RUMBO ARES

12- YOLANDA DÍAZ VALDOMIR

13- PATRICIA SUAREZ CASÁS

14- RAFAEL PONTE JUNQUERA

15- LUÍS TEIJIDO ROCA

16- ALFONSO BLANCO RODRIGUEZ

17- FRANCISCA BARREIROS SUAREZ

18- MÓNICA GONZÁLEZ GARCÍA

19- AINARA CÁRCAMO PÉREZ

20- MARTÍN GONZALEZ DÍAZ

21- LUCÍA ALVAREZ GARCÍA

 

22- MARÍA ISABEL ALDAO MARTINEZ

23- FERNANDO LISTA CARAMÉS

24- CECILIA FUENTES PAN