María Pan será a candidata de UxC ás municipais de 2027
Cun 94,2% de apoios, a asamblea de UxC respalda a candidatura de Pan para encabezar a lista nas municipais de 2027
Unión por Cambre elexiu a María Pan Lesta para ser a súa cabeza de lista nas municipais de maio de 2027 na Asamblea que se celebrou o pasado 16 de novembro en Bribes.
A candidatura de Pan foi a única presentada a encabezar as listas electorais de 2027 tras recibir o voto a favor do 94,2% dos afiliados. Tras a súa elección, a xa candidata, agradeceu o respaldo dos seus compañeiros e comprometeuse a traballar para acadar o apoio dos veciños e veciñas nas vindeiras municipais convencida que só cun respaldo forte e un goberno de maiorías se poderá reconstruir Cambre.
“Teño ilusión e gañas de retomar o proxecto do meu partido para Cambre. Somos máis necesarios que nunca nun momento no que neste concello os veciños e veciñas están sendo relegados a un segudo lugar. A nosa obriga é seguir a traballar para aportar solucións e esixir ao goberno actual que traballe e implemente as solucións que dicía ter na oposición e que, ata o de agora, non se están aplicando”, apuntou Pan que agracedeu a todos os concelleiros, presidente e afiliados o traballo do día a día. “Se vós – aseguroulle a todos os afiliados- todo esto sería imposible. Sodes o pilar deste partido e todos xuntos, traballando como o estamos a facer, conseguiremos que en Cambre as necesidades dos veciños e veciñas volvan á primeira liña política”, apuntillou.
Trala elección da candidata, pechou a Asamblea o presidente de Unión por Cambre, Óscar García Patiño para falar do crecemento e renovación de UxC coa incorporación de novos veciños e veciñas que se están sumando a este proxecto local con ganas de aportar e sumar. Convencido de que UxC sairá cun equipo preparado para sacar a Cambre do lugar no que se atopa neste momentos, García Patiño animou aos afiliados a continuar co traballo que se está a facer e a seguir enriquecendo o partido convencido que, entre todos, Cambre avanzará.
Unión por Cambre aposta pola liña de traballo seguida ata o momento coa honestidade e o traballo diario como eixo central do seu proxecto. Un proxecto respaldado polos veciños e veciñas ata en tres ocasións nas urnas, sendo o partido máis votado dende 2015.
A honestidade demostrada por Unión por Cambre, ao cesar dous alcaldes nunha mesma lexislatura, para non defraudar e perder a confianza dos cambreses, ao non poder seguir adiante co proxecto que este partido ten para Cambre. Este xesto, atípico en política, está sendo agradecido pola veciñanza, asociacións e empresas que mostran a diario a súa confianza a UxC.





