O goberno executará o plan de rebacheos presentado por Unión por Cambre
No pleno de novembro, a Alcaldesa aceptou o rogo e asegurou que empezarían por executar o inventario de baches entregado por UxC en relación a todos os viais municipais
Unión por Cambre acadou que se aceptase o rogo no que se instaba ao goberno a rebachear un total de 180 fochancas distribuidas por todas as parroquias que, despois dun longo traballo de campo feito por persoal da formación local, se entregou no concello o pasado mes de outubro. Nese momento, Unión por Cambre, presentou en forma de moción este plan de rebacheo que finalmente non foi admitido por entender, o goberno local, que se trataba dun rogo e non dunha moción.
Finalmente, no pleno deste mes, Unión por Cambre transformou a moción en rogo e o goberno de Diana Piñeiro aceptou o rogo e se comprometeu a rebachear todos esos puntos entregados no listado que teñen que ver con viais municipais.
O inventario de baches recolle un total de 180 incidencias distribuidas por parroquias, co número de camiño do inventario municipal así como a dirección de referencia para que sexa facilmente localizables. Tendo en conta que, tal e como explicou o goberno, un dos lotes adxudicados do contrato do material para a brigada de obras serviría para facer estos traballo, a voceira de UxC pediu no pleno de novembro o rebacheo inmediato das fochancas.





