Melloras de abastecemento e no parque infantil de San Lourenzo

Melloras de abastecemento e no parque infantil de San Lourenzo

Para o goberno que preside Óscar García Patiño (UxC) todas as parroquias contan e, ao longo desta lexislatura, foron quen de atender as demandas veciñais máis importantes. Neste senso, en San Lourenzo abordouse a mellora do servizo de abastecemento en Apartada e leváronse a cabo melloras no parque infantil. Un parque que, grazas aos orzamentos municipais de 2019, contará con solo de caucho o que fará que os cativos da parroquia poidan xogar moito máis seguros.

Un parque infantil, ubicado no recinto do local social, onde tamén se levou a cabo a construción dun pasillo de formigón para dar acceso ao local social. Melloras de camiños, perfilado de cunetas, limpeza de viales e acondicionamento da ruta ciclista que pasa por San Lourenzo, son outras das accións levadas a cabo neste catro anos do goberno dirixido por Óscar García Patiño.

Nos vindeiros meses, procederase a mellora dos camiños municipais de San Lourenzo ao Pinar, de A Torre y Barreiros e o cementado do campo da festa, tal e como solicitaron os veciños.

Pincha aquí e descubre as obras desta lexislatura.