Con UxC no goberno Andeiro fixo realidade as súas peticións veciñais

Con UxC no goberno Andeiro fixo realidade as súas peticións veciñais

O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño (UxC) demostrou, nestes catro anos ao fronte do goberno municipal, o seu talante de comunicación e achegamento ás asociacións e aos veciños para os que goberna. Así o fixo en Andeiro, unha parroquia que viu como as súas demandas se fixeron realidade durante esta lexislatura.

Deste xeito, procedeuse a reordenar o tráfico no centro do núcleo da parroquia onde a sinalización de direccións únicas fixo moito máis doado a circulación polas rúas da parroquia dado que o escaso ancho das calzadas facían complicado o tránsito de doble dirección. Foi a asociación veciñal a que propuxo unha reordenación que o goberno que dirixe García Patiño non dubidou en afrontar, mellorando así a seguridade viaria da zona.

Actuacións en varios camiños, completaron as obras que se levaron a cabo nesta parroquia na que tamén houbo tempo para lembrar a súa historia e recuperar a figura do conde de Andeiro.

Os espazos de ocio da parroquia forón tamén obxecto de mellora, con actuacións no parque infantil e no parque biosaudable. Unhas melloras que se completarán con cargo aos orzamento de 2019 donde se aprobou o cambio do chan do parque infantil que pasará a ser de caucho e a instalación dun tobogán na zona de xogo.

A ampliación do local social, que xa está licitada, tamén se abordará ao longo de 2019.

Pincha aquí e descubre as obras desta lexislatura.