Melloras de seguridade viaria en Pravio
Ao longo desta lexislatura que dirixiu o alcalde Óscar García Patiño (UxC) cumpriuse coa seguridade viaria en Pravio, unha das principais preocupacións dos veciños. Alí construíronse as beirarrúas e sendas peonís ao longo da estrada AC 214 e sinalizouse un paso de peóns que viñan demandando históricamente os veciños.
Pravio tamén viu, nesta lexislatura, como se melloraba a seguridade viaria na DP1707 coa entre Fabás e Armental, onde se construiu unha semirotonda e se procedeu a súa sinalización vertical e horizontal.
Melloras tamén na rúa La Calle, onde se procedeu a instalar o alcantarillado para, posteriormente, asfaltar a estrada.
O arranxo e limpeza de camiños así como a mellora da marquesiña, completaron as actuacións feitas polo goberno municipal presidido por Óscar García Patiño (UxC).
Con cargo aos orzamentos municipais de 2019, instalaranse aseos no local da pista e continuarase con melloras no servizo de saneamento.