Conta atrás para o local social de Cela
Esta lexislatura foi de gran importancia para a parroquia de Cela, a única do concello sen un local social. O goberno dirixido por Óscar García Patiño (UxC) foi quen de desbloquear un problema histórico que paralizaba a posibilidade de que os veciños de Cela contansen cun local social. Chegado a un acordo coa Fundación Tenreiro, redactado o proxecto do local e aprobado o Plan Especial de Dotación, todo está preparado para a construción do local social que se executará ao longo deste ano 2019, dando así resposta a unha vella demanda veciñal.
Pero non só o local social aporta o goberno de García Patiño a esta parroquia na que, tamén se mellorou a seguridade viaria, se reparou a histórica fonte e se levaron a cabo traballos de mellora e limpeza de camiños.