O goberno de Diana Piñeiro acepta o rogo de Unión por Cambre...

O goberno de Diana Piñeiro acepta o rogo de Unión por Cambre para facer a obra do campo de Lendoiro

Unión por Cambre fixo un rogo no pleno de xuño, solicitando ao goberno que se incorporasen os créditos do suplemento de crédito aprobado en outubro do pasado ano para executar as obras

Unión por Cambre acaba de acadar en pleno o compromiso do goberno de Diana Piñeiro de incorporar os créditos do suplemento aprobado en pleno en outubro do pasado ano para executar as obras de mellora do campo de Lendoiro na Barcala. Unha obra, cuxo proxecto xa está no concello, e que ascende a 1,8 millóns de euros, en donde se inclúe tamén a mellora da iluminación tanto do campo de Lendoiro como do campo Dani Mallo de Cambre.

Unión por Cambre, antes de deixar o goberno, xa deixou para informe o expediente de contratación das obras tendo en conta que o suplemente só se pode incorporar este ano e de non executarse a obra antes do 31 de decembro, esos crédito perderanse.

A voceira de UxC, María Pan, agradece ao goberno de Piñeiro que finalmente acepten o rogo do seu partido que de forma reiterada ben solicitando que se axilicen os procedementos para licitar e adxudicar esta obra tan necesaria. Xa no pleno de outubro do ano pasado, cando se levou a pleno o suplemento de crédito para habilitar a partida precisa para sufragar as obras, explicouse a urxencia desta actuación tendo en conta o mal estado do campo e as lesións que cada semana se están producindo entre os usuarios.

Dende Unión por Cambre esperan que o goberno do Partido Popular cumpra a súa palabra e se axilicen os trámites para que esta obra sexa finalmente unha realidade neste ano 2025.