O goberno de Diana Piñeiro perde 275.000 euros do POS por falta...

O goberno de Diana Piñeiro perde 275.000 euros do POS por falta de proxecto político para Cambre

Cambre, 12 de Setembro de 2025. Coller o bastón de mando da alcaldía sen un proxecto político para Cambre ten consecuencias. Hoxe quedaron de manifesto no pleno extraordinario no que o PP non puido levar un proxecto con peso para financiar co POS Adicional, arriscándose a perder 275.000 euros.

Ás presas e correndo, propuxeron un proxecto para trasladar o arquivo municipal cando Cambre está a pedir arranxo de estradas, arranxo de parques, mobiliario urbano… peticións reiteradas que puideron trasladar a un proxecto e levalo hoxe a pleno.

Despois de 144 días na alcaldía, o goberno de Diana Piñeiro non ten proxecto para Cambre. Improvisar e antepoñer o interés de quen realmente manda en Cambre en contra do interés xeral, é o que se vive día a día neste concello.

Dende UxC esiximos responsabilidade á señora alcaldesa e que se poña a traballar para que os veciños e veciñas de Cambre non perdamos os 275.000 euros da subvención provincial que peligran por culpa dun goberno que vai sen rumbo.

Aprobar hoxe o proxecto da obra para instalar o arquivo municipal nun baixo da Barcala suporía un novo problema para o Concello de Cambre. As dúbidas expresadas pola redactora do proxecto acerca de se a estructura do edificio debería ser reforzada para levar a cabo a obra e a falta dun diálogo coa comunidades de propietarios, foron as causas de que UxC votase en contra do proxecto levado a pleno hoxe polo goberno de Diana Piñeiro.