Unión por Cambre decide non entrar na Xunta de Goberno nin aceptar...

Unión por Cambre decide non entrar na Xunta de Goberno nin aceptar ningunha dedicación

“UxC non vai a formar parte da Xunta de Goberno Local nin aceptará ningunha dedicación ofrecida polo goberno de Diana Piñeiro porque, polo momento, descoñecemos o proxecto de goberno do PP e o único que se fixo ata o de agora foi personarse en causas xudiciais donde o interés xeral xa estaba sendo defendido polo ministerio fiscal e anular unha Galaicoi con explicacións totalmente incongruentes”, explica a voceira María Pan que non entende que un goberno que di querer diálogar con todos os grupos, as primeiras decisións que tome sexan ir en contra do que fixo Unión por Cambre.

A decisión tómase trala asamblea que o partido tivo hai uns días e no que por unanimidade decidiuse que o que lle correspondía a Unión por Cambre despois da dimisión de dous alcaldes e de sair do goberno é facer unha oposición responsable e proactiva por Cambre e seguir apostando por sacar os temas adiante así como fiscalizar que o quedou en camiño non se bote en baixo sen explicacións coherentes e de interés xeral.

“Non se pode dicir que buscan diálogo con nós, non se pode dicir que esperan que podamos chegar a acordos e a día de hoxe nin sequera se preocuparon en chamarnos para saber qué proxectos quedaron sobre a mesa. Á única reunión á que nos convocou o goberno foi o pasado luns 5 de maio e só se puxo sobre a mesa a posiblidade de entrar na XGL e de darnos algunha adicación ao grupo municipal, cando o máis importante agora é saber que proxecto ten o goberno do PP para Cambre” apunta a primeira edil que acudiu acompañada de Juan González Leirós a ese encontro en alcaldía.

Precisamente para saber como están algún dos temas que quedaron sobre a mesa, Unión por Cambre presentou por rexistro o pasado 14 de maio un escrito solicitando coñecer en que situación se atopan os proxectos do Plan de Obras e Servizos que quedaron en licitación así como polo expediente da obra do campo de fútbol de Lendoiro. Son actuacións fundamentais que hai que sacar e queremos saber que pasos deron dende que chegaron”, sinala Pan Lesta que confirma que polo momento non recibiu resposta.

Dende Unión por Cambre consideran que os feitos acaecidos nas últimas semanas demostran claramente que o goberno nin quere nin precisa a UxC, porque si realmente tivese interés por chegar a acordos traballaríase sobre un proxecto concreto de actuacións e o único que fixeron foi ofrecer dedicacións e cartos. “Unha mágoa que o goberno de Diana Piñeiro non valore as aportacións que podería facer Unión por Cambre, despois de 10 anos gobernando, pero ela non quere os nosos apoios. O exemplo máis claro é esa cancelación da Galaicoi sen necesidade ningunha porque Cambre non ten un problema de solvencia económica, ou as acusacións que fixo no pleno do pasado martes. Segue na mesma liña de sempre, o PP de Cambre non cambia e aínda que sí é certo que moderou o tono, seguen tendo intereses que se alonxan moito do interés xeral do concello de Cambre” apunta Pan que lembra o anuncio de paralización do plan xeral que fixo a alcaldesa nada máis coller o bastón de mando.

O pago de facturas, garantir os servizos básicos, continuar a tramitación do plan xeral, defender unha vía ártabra que de servizo aos veciño e veciñas de Cambre e poñer ao día as subvencións a entidades son as cuestións básicas para Cambre, nas que o goberno de Unión por Cambre, fixo avances importantes e cuestións sobre as que presionará ao gobeno de Piñeiro para que saque adiante. “Se dende a oposición decían que había outra forma de facer as cousas, agora teñen que poñerse a traballar niso. O tempo que gastaron en paralizar a Galaicoi ou en preparar un pleno extraordinario para que os veciños e veciñas paguen dos seus bolsillos os avogados elexidos a dedo polo PP e polo BNG foi unha perda de tempo. A Galaicoi no ía impedir seguir traballando nos pregos técnicos dos servizos básicos e eses avogados que pagaremos todos non van defender máis o interés xeral do concello do que o está a defender o ministerio fiscal. O único obxectivo das únicas decisións coñecidas de Piñeiro son seguir con ese acoso e derribo contra Unión por Cambre e contra o seu ex alcalde García Patiño”, sostén Pan que lamenta que levemos xa un mes perdido sen actuacións de calado para Cambre.

UxC invita a Piñeiro a que leve a pleno o pago de facturas que dixo que ía facer mediante de revisión de oficio de forma áxil ou eses pregos de servizos esenciais nos que dicen volcar os seus esforzos ao tempo que lle lembran que a excusa de que non hai personal non cola. “A Sra. Piñeiro sabía como estaba o concello antes de postularse para alcaldesa e aceptar o cargo. Sabía da falta de persoal, eles mismos xunto co BNG e o PSOE, votaron en contra de ter agora postos de técnicos superiores en secretaría e intervención; sabían dos servizos en precario que eles mesmos denunciaron en pleno en tantas ocasións e sabían de todos os problemas que tiña o concello, ao ter contacto constante coas habilitadas pero tamén saben que o concello non ten un problema de solvencia económica por iso que deixe de enredar e se poña a traballar no importante”, explica a voceira de Unión por Cambre.