O pleno municipal aproba as enmendas de UxC para o abono íntegro das facturas das actividades socioculturais e deportivas
O pleno municipal aprobou, cos votos a favor de UxC, PSOE e concelleira non adscrita, a abstención do BNG e AV e o voto en contra do PP, as dúas enmendas presentadas por Unión por Cambre ás propostas de liquidación que o goberno de Diana Piñeiro fixo polos servizos de actividades socioculturais e actividades deportivas que desenrolaba a emprese Axiña.
Baseándose na ausencia de boa fe por parte da empresa, o goberno seguindo os informes das habilitadas nacionais, propuxo detraer o 6% do beneficio industrial do importe total chegando a sinalar, a alcaldesa, que a empresa que sabía que estaba traballando sen contrato podría tomar a decisión de non continuar.
Nese punto, a voceira do Unión por Cambre, puxo en dúbida a ausencia de boa fe que plantexaba o goberno, chegando a preguntarlle á alcaldesa se ela deu algunha orde á empresa para que deixase de prestar o servizo ou pola contra había indicacións de parte do concello hacia a empresa para a prestación das actividades deportivas e culturais. Pregunta que quedou no aire ante a ausencia de resposta da Alcaldesa que pretendía responder despois do pleno.
Pan, facéndose eco das sentencias que está a recibir en contra o Concello de Cambre por impago de facturas e donde os xuices recoñecen o abono íntegro das facturas ás empresas, defendeu o pago do importe total, ao igual que fixo nas liquidacións que se levaron a pleno durante o goberno de Unión por Cambre.
Dende UxC lamentan a nula defensa que o goberno fixo da súa propia proposta así como as verbas que, antes da votación, pronunciou a alcaldesa coa intención de coaccionar o voto dos concelleiros e concelleiras aludindo ao dereito penal. Verbas que dende a opososición lle recriminaron por entender que eran ameazas para tentar que non saise adiante as enmendas presentadas.
Pan Lesta tamén explicou que dende que se declaraou a nulidade do contrato pola alcaldesa, no mes agosto, o goberno de Diana Piñeiro permitiu que a empresa continuase prestando un servicio que, neses meses, si que non está amparado en contrato algún porque ela misma o declarou nulo e mesmo dende o concello seguiron pasando indicacións á mercantil sobre as actividades deportivas e socioculturais. “A Sra. Piñeiro non pode pretender dar leccións de legalidade cando ela está consentido, sabendo como sabe que declarou nulo un contrato, que a empresa siga prestando os servizos e mesmo, sabemos, se reuniu varias veces para que as actividades non se deixasen de prestar, como finalmente ocurriu no mes de xaneiro”.
A voceira de Unión por Cambre agradeceu públicamente á nova interventora o traballo que está facendo e que se nota nos pagos que se levan facendo no último mes así como que no seu informe fale de dúas vías posibles á hora de abordar as facturas de Axiña que aínda non foron aprobadas, as que van dende a declaración de nulidade que en agosto fixo a alcaldesa a decembro. Nese caso, tal e como sempre defendeu Unión por Cambre, e como tamén o sinala o Consello Consultivo no informe solicitado polo anterior alcalde Óscar García Patiño en marzo de 2023, estudiando cada caso en concreto haberá que valorar se procede un Recoñecemento Extraxudicial de Crédito ou outra revisión de oficio.





