UxC propón ao goberno cambiar o arquivo municipal pola obra de mellora do entorno do Apeadeiro de Cecebre para o complementario do POS 2026
En novembro de 2026, Cambre debe ter executado e xustificadas un total de dez obras dos Plans de Obras e Servizos da Deputación (POS) das anualidades 2023 e 2024, delas só están en licitación un total de catro. Vista a situación, Unión por Cambre entende que vai ser inviable poder cumprir con todas as obras en tempo e forma, polo que, nas comisións informativas deste martes, propuxo ao goberno de Diana Piñeiro sacar do complementario o proxecto do arquivo municipal que xa foi votado en contra por Unión por Cambre e criticado tamén por outros partidos, e levar ao complementario a obra de ordenación e urbanización do entorno do apeadeiro de Cecebre que foi licitada en xuño.
Unión por Cambre, propón esta obra porque é das que están en licitación, á que máis tarde se licitou e ten un prazo de execución de 6 meses, e avogou porque se adxudiquen e se centren os esforzos en adxudicar, executar e xusficar en tempo e forma as outras tres que están en licitación e que teñen de prazo ata o 30 de novembro de 2026.
A proposta de UxC segue a liña que ven seguindo o goberno de Piñeiro que está a levar a POS sucesivos obras que, ou ben quedaron desertas ou se desistiu de adxudicar por non poder executarse e xustificarse en tempo eforma, como foi a de Balastreira que se levou ao Plan de Obras e Servizos adicional que se aprobou en decembro de 2025. Agora, lévase a obra da praza Fernando Buesa que sacou o goberno de UxC e quedou deserta, así como fase 1 do Paseo Templarios que tampouco se puido exectuar así como un paquete de mellora de camiños por importe de algo máis de 600.000 euros.
Nas comisións informativas a alcaldesa accedeu a estudar o tema, despois da negativa do concelleiro de Economía e Facenda, que pretende dar a entender que non hai alternativa posible e que vai tentar que se executen todas en tempo e forma, algo que UxC lle dixo que vendo os prazos era inviable.
Dende UxC entenden que despois do publicado en prensa, donde a alcaldesa se ratifica na súa proposta e chama á responsabilidade política, quere dicir que non van a acceder á petición maioritaria da corporación por unha obra, a do arquivo municipal, que non é ningunha prioridade actualmente para o interés xeral do concello.
“Non entendo por que se empeñan en meter o proxecto do arquivo municipal a calzador e non atendan o que lle está decindo a maioría da corporación. Saben, perfectamente, que non van poder executar e xustificar en tempo e forma todos os proxectos, porque ademais varios aínda non saíron a licitación. Que se centren en sacar os que van máis avanzados e accedan ao que lles está plantexando a maioría da corporación, sería o máis lóxico se realmente a alcaldesa quere, como dice, chegar a acordos e consensos” apunta Pan, que espere que recapaciten e retiren da proposta o proxecto do arquivo municipal e incorporen a do entorno do Apeadeiro. A dinámica é a mesma que seguiron con outras obras, solicitando a Deputacion que queren levar dita obra a outra anualidade tendo en conta a dificultade que hai para executar e xustificar en tempo e forma.





