Unión por Cambre aposta por seguir loitando para que se paguen as...

Unión por Cambre aposta por seguir loitando para que se paguen as subvencións

Unión por Cambre felicita públicamente ás asociacións de Cambre por esta iniciativa que esperamos sexa un punto de partida para dar pasos de forma conxunta polo ben deste concello e agradece públicamente a invitación do tecido asociativo do municipio para participar nese foro aberto entre entidades e grupos políticos con representación na corporación municipal.

Dende UxC acudiu á reunión convocada o día 18 no local social do Sporting Cambre, a voceira do partido, María Pan Lesta, xunto co concelleiro Juan González Leirós.

Pan comenzou expoñendo que esa unión que o tecido asociativo demanda aos representantes políticos deuse na búsqueda dunha solución para o pago das subvencións que se materializou no voto favorable á moción presentada por UxC no mes de outubro en pleno para facer un suplemento de crédito para dotar de cartos as partidas das diferentes subvencións así como modificar as bases de execución do orzamento para poder pagar chegado o momento. A moción, votada a favor por UxC, PSOE, AV e concelleira non adscrita, e coa abstención do PP e BNG a día de hoxe non está informada e non volveu a pleno para a súa aprobación.

Ademais Pan respondeu ás cuestións que alí se lle plantexaron e recolleu o guante de facer unha ordenanza de subvencións e levala a pleno a fin de avanzar na axilización da tramitación das subvencións. A automatización do procedemento ou volver a levar a pleno unha moción similar en xaneiro para tentar que non se perdan as subvencións das anualidades pasadas, foron outras das propostas formuladas por UxC.

Ante as propostas do BNG que naceron dunha reunión coas habilitadas, tal e como expuxo o voceiro nacionalista, que se centaron en cuatriplicar as cuantías das subvencións, acudir ao contrato artístico e sacar unhas bases novas para 2026 con esas novas cuantías, Unión por Cambre aclarou na propia reunión que a día de hoxe o orzamento para 2026 aínda non se levou a pleno descoñecendo sequera si está elaborado asi que o ano empezará sen orzamentos. Tamén se explicou que estando dacordo co incremento das partidas propostas polo BNG, hai que ter en conta o orzamento que ten Cambre, que ronda os 21 millóns de euros e 16 xa se ocupan para persoal e gasto corrente. En relación coa contratación artística suporía meterse en procedementos de contratación que ao enteder de Unión por Cambre unha solución rápida tampouco sería. Carballada explicou que estas opcións sairon dunha reunión que tivo coas habilitadas e que son as saídas posibles.

UxC aposta polo entendemento pero lamenta que dende Alternativa dos Veciños, partido que comparte Xunta de Goberno Local co goberno do PP, ese órgano colexiado ao que UxC declinou entrar, non poida aportar tampouco solucións porque aseguraron pouca máis información teñen que o resto de partidos que non forman parte da Xunta de Goberno Local. “É unha mágoa que a Alcaldesa achaque a culpabilidade ao resto de grupos por no querer entrar en Xunta de Goberno Local cando, a realidade demostra que estar ou non en Xunta de Goberno Local non vale para nada”, puntualiza a voceira de Unión por Cambre.

Durante o encontro formuláronse varias preguntas. Unha delas o motivo polo que as subvencións tiveron un parón de case dous anos. Pan explicou que ese retraso produciuse despois de que a secretaria informase que o Rexistro Xeral de Asociacións Municipais estaba mal e que había que poñelo en orden, traballo que non estivo concluido ata febreiro de 2024. A partir de aí, convocouse, no caso das subvencións de libre concurrencia, a comisión de valoración das subvencións de 2022, o 9 de maio de 2024.  Tramitouse un suplemento de crédito en pleno e decidiuse priorizar, ao longo de 2024, o pago dos convenios das ANPAs, Sementeira e entidades deportivas. Procedementos administrativos longuísimos fixeron imposible chegar a materializar os pagos as entidades deportivas porque a 31 de decembro de 2024, os créditos morren e hai que volver a empezar.

Pan rematou a súa intervención explicando que non todo está perdido, que a forza do pobo é a que manda que eles son simplemente representantes dos veciños no pleno municipal. “O pobo é quen manda aquí, eso non o perdamos de vista. En dous anos o pobo decidirá, co seu voto, o que quere para Cambre”, sinalou.

Mentras tanto, animou aos presentes a non deixar de loitar e comprometeuse a que UxC estará sempre aberto a seguir falando, recibir propostas e traballar conxuntamente en mocións que aporten solucións.