Un pavillón polideportivo e melloras no Camiño Inglés en Anceis
Pendente da recepción da polideportiva que construiu a Fundación Amancio Ortega na parroquia, o goberno de García Patiño (UxC) levou a cabo actuacións de mellora no trazado do Camiño Inglés ao seu paso por Anceis, onde tamén se mellorou a fonte de San Antonio que se atopa no percorrido do camiño.
As melloras nesta parroquia chegaron a diferentes puntos con actuacións como a pavimentación da estrada de Seoane ou a mellora do parque infantil de Altamira, onde se instalou un baño químico a petición dos veciños.
Limpeza e melloras de camiños e de marquesiñas completan as principais actuacións nesta parroquia cambresa que, nos vindeiros meses verán como se executan obras como a mellora do parque biosaudable de Altamira ou a ampliación da rede de saneamento nos lugares de Seoane, Anceis, Drozo e Altamira.
Tamén se levarán a cabo, a petición dos propios veciños e con cargo aos orzamentos municipais, a mellora de xogos do parque infantil de Anceis onde tamén se instalarán bancos e se plantarán árbores.