Piñeiro non quere asinar o convenio con Sementeira e pretende delegar esa...

Piñeiro non quere asinar o convenio con Sementeira e pretende delegar esa función ao pleno

O goberno xustificou a urxencia de modificar a proposta que levan a pleno para incluir na modificación das bases de execución do orzamento tamén o convenio de Sementeira. Pero esa xustificación de que é urxente asinar e pagar o convenio, algo que non dubidamos, vai en contra da modificación que pretende facer no punto dous da proposta ao querer delegar no pleno a sinatura do convenio da Escola de Música Sementeira, para alongar os prazos de sinatura do mesmo, obrigar a convocar un pleno innecesario e de preparar un expediente de acordo plenario, cando este convenio, tal e como se viña facendo ata o momento, é competencia de alcaldía a súa sinatura.

“A alcaldesa, a fin de evitar ter que asinar un convenio que leva reparos suspensivos, artella unha estratexia cambiando as bases de execución do orzamento para eludir responsabilidades e diluir esos reparos entre toda a corporación, disfrazando a medida para dar maior transparencia e publicidade ao convenio. Todos os concelleiros e concelleiras da corporación xa son coñecedores deste convenio que forma parte do Plan Estratéxico de Subvencións que foi aprobado xa en pleno. Por moito que queiran disfrazar o tema, o único que busca é non ter que asinar un convenio que sabe, de antemán, que levará reparos suspensivos” explica a voceira de UxC María Pan, que lémbralle a alcaldesa que como alcaldesa-presidenta do Concello de Cambre ten que asumir as súas función e non desfacerse delas, como pretende facer, para non ter que arriscar o seu patrimonio, tal e como xa dixo en sesión plenaria estando na oposición como argumento para votar en contra os Recoñecementos Extraxudiciais de Crédito para pagar as facturas.

UxC cuestiona a unha alcaldesa que pretende diluir as súas responsabilidade delegando aquelas funcións que non lle ven ben asumir, xa sexa en Xunta de Goberno Local como no Pleno, disfrazando ese medo a posibles responsabilidades como diálogo, transparencia e participación que, á hora da verdade. Diálogo que non está aplicando tralas decisións unilaterais que acaba de tomar suspendendo a Galaicoi ou propoñendo unhas retribucións que finalmente decide non levar a pleno por non ter acordo co resto dos grupos.

“Lamento que quen me lembraba día sí e día tamén que estaba en minoría, cre agora que está gobernando con maioría absoluta cun goberno de catro concelleiros. A Sra. Piñeiro non dialoga, toma decisións unilaterais en contra do  interés xeral e por iso, tivo que retirar deste pleno a proposta de aprobación do seu sueldo e dos seus concelleiros con adicación exclusiva que pretendía subirlles 13.000 euros pasando a cobrar 45.000 euros cada concelleiro. Ela pensou que dando adicacións á oposición a diestro e siniestro xa tiña o voto a favor, por iso nin sequera puxo o asunto sobre a mesa e atreveuse a incorporalo nas comisións informativas sen negociación ningunha. Unha vez viu que non contaba cos apoios necesarios, retirou das comisións informativas o punto da orde do día” explica Pan que conclúe que “Cambre vai sen rumbo, cunha alcaldesa que non quere mollarse en asuntos complicados e que simplemente executa o que outros e outras lle obrigan. Unha mágoa”, conclúe a voceira de Unión por Cambre.

O pago das ANPAs non pasa necesariamente por eliminar a Galaicoi

Unión por Cambre levará unha enmenda a pleno para propoñer que o crédito necesario para pagar os convenios coas ANPAs saia das vacantes que hai no capítulo de persoal, sen necesidade de ter que eliminar un evento tan asentado en Cambre como a Galaicoi. Opción que non é a única, porque se estivera feita a liquidación do orzamento de 2024, poderíase usar o remanente de tesourería para pagar ditos convenios, tal e como fixo o goberno de Unión por Cambre o pasado ano.

Por moito que queiran disfrazar que é preciso cargarse a Galaicoi para poder pagar os convenios das ANPAs iso non é certo. O Concello de Cambre ten remanente de tesourería que se pode utilizar para ese fin, non esquenzamos que o problema de Cambre non é un problema de liquidez económica. Se non se pode botar man do remanente de tesourería é porque, no mes de maio, a liquidación do orzamento de 2024 aínda non está rematada o que impide, como se fixo o ano pasado gobernando UxC, acudir a un suplemento de crédito para facer fronte aos pagos dos convenios das ANPAs ou Sementeira.

O goberno podería transferir os créditos que precisan para pagar as ANPAs do capítulo de persoal en donde hai moitas prazas vacantes dotadas económicamente que permiten, sen ter que eliminar unha romería castrexo-romana que atraía a milleiros de visitantes a Cambre e deixaba unha repercusión economíca moi importante no Concello, pagar ditos convenios.

“Non hai excusas. A decisión de eliminar a Galaicoi é unha decisión meramente política, que a saber a instancias de quen a tomou o goberno, porque non era necesario eliminar este evento cultural e histórico coa excusa de ter que afrontar pregos de servizos básicos, que se elaboran dende outros departamentos, ou pagar os convenios das ANPAs porque hai outras posiblidades para obter ese crédito” apunta a voceira María Pan que sostén que neste pleno quérese disfrazar como que se está actuando da única forma posible para salvar ás ANPAs cando todo o mundo sabe que hai moitas formas de facelo, sobre todo tendo en conta que Cambre non ten ningún problema de liquidez.

“Seguimos a enredar e tentar construir un relato que tape as decisións tan surrealistas que está a tomar o goberno de Diana Piñeiro, eliminando un evento que puxo a Cambre no mapa dos puntos de interés turístico durante o verán e que conseguiu poñer en valor o castro de Cambre así como atraer ata o concello obras de teatro clásico, recreacións históricas e mesmo a unidade de todo un pobo para lembrar os seus antergos, os castrexos”,  lembra Pan Lesta que segue insistindo en que por moito diálogo que a alcaldesa queira vender, as súas accións demostran totalmente o contrario.