UxC defenderá no pleno de maio a celebración da Galaicoi
Unión por Cambre levará a pleno unha moción para que o goberno do Partido Popular rectifique o grave erro cometido coa decisión da Xunta de Goberno Local de non adxudicar o contrato da Galaicoi, onde xa había 5 ofertas presentadas. Na proposta aprobada polo goberno de Diana Piñeiro non se esgrimen as razóns de interés xeral que fan necesario non adxudicar o contrato senón que só argumentan razóns de oportunidade sin, nin sequera, contar cun informe técnico que avale a decisión que só defende o concelleiro da área de contratación nunha providencia.
Nin a falta de persoal nin argumentos económicos son avalados técnicamente para tomar esta decisión que está tomada só cunha finalidade política e na que non se valorou, para nada, os perxuicios que para Cambre pode ter dita suspensión, empezando porque as empresas poderían reclamar perxuicios e porque se acaba con un evento xa consolidado que ademais tiña unha gran repercusión económica na hostelería e comercio local.
Unha celebración que camiña hacia o recoñecemento de Festa de Interese Turístico
É necesario desmontar a idea de que a Galaicoi é simplemente unha festa. Trátase dun evento cultural de primeiro orde que contribúe á identidade de Cambre e á posta en valor do noso patrimonio. O seu carácter diferenciado fronte a outras festas temáticas cercanas (medievais, modernistas ou de 1900) radica en que tén como eixe central o noso pasado galaico-romano, integrando actividades educativas, artísticas e históricas.
A Galaicoi cumpre sobradamente os requisitos establecidos pola Lei Galega de Festas de Interese Turístico (Decreto de 4/2015, do 8 de xaneiro), e estaba claramente encamiñada á súa declaración como tal, grazas aos seguintes criterios que establece a Lei:
-Arraigo: mais de 30 colectivos participan activamente na súa organización.
-Singularidade: é unha romaría castrexo-romana, temática escasa e pouco explotada na nosa contorna, fronte ao predominio de festas temáticas doutras características históricas.
-Valor cultural: destaca a recuperación de tradicións como xogos populares, musica tradicional e oficios (canteiros, ferreiros, artesáns, téxtiles…), así como os valores históricos e arqueolóxicos.
-Capacidade de atracción turística: a asistencia de público foráneo e o impacto económico sobre o comercio en xeral e a hostalaría en particular demostran a súa extraordinaria relevancia.
Unión por Cambre lamenta esta decisión que vai en contra do interés xeral do Concello e nada ten que ver con un problema ecónomico nin de persoal, xa que a Galaicoi xa tiña os créditos necesarios asignados e o persoal que se encarga da Galaicoi nada ten que ver con quen ten que facer os pregos do servizos básicos. Ademáis non é certo que para poder pagar os convenios ás ANPAs só se pode facer eliminando a Galaicoi, porque hai outras formas de consignar crédito para as ANPAs.
A decisión de eliminar a Galaicoi é unha decisión unilateral e política dun goberno, de catro concelleiros que aínda non se dan conta que están en minoría. “Eles criticaban que non negociásemos con eles os temas e definíanme como dictadora por non facelo. Levan un mes e negociar e dialogar, máis ben pouco. Intentaron comprar votos con adicacións e asignacións pero a día de hoxe, nin sequera me chamaron para tentar sacar adiante o que quedou enriba da mesa. Unha mágoa”, conclúe a voceira de Unión por Cambre, María Pan que sinala a obriga que temos os concelleiros e concelleiras de traballar por Cambre e polos veciños non para levar a cabo accións encamiñadas a acabar con todo o que fixo o anterior goberno e cargarse un evento que estaba chamado a convertirse, posiblemente, en Festa de Interese Turístico.





