A ponte do Noceiro precisa unha mellora urxente

A ponte do Noceiro precisa unha mellora urxente

A ponte do Noceiro está nunha situación preocupante, coas barandas de madeira rotas dende hai meses. A Xunta de Galicia, que é quen ten competencia sobre as pontes que cruzan o cauce do Mero, fai oídos sordos as reclamacións presentadas polo concello de Cambre para o seu arreglo.  A baranda de madeira da ponte leva rota meses e o concello tivo que colocar dúas vallas de protección para evitar situacións de perigo tendo en conta que un tramo da ponte quedou sen protección.

Dende a alcaldía, que dirixe Óscar García Patiño (UxC), levan meses solicitando o seu arranxo pero dende a Xunta aínda non deron resposta a esta petición. Mentras tanto, a ponte segue deteriorándose co conseguinte risco que iso supón para as persoas que por alí cruzan o Mero.

Pero non é este o único problema que o executivo autonómico ten por resolver en relación co cauce do río Mero.  Augas de Galicia ten completamente olvidado o cauce do río que segue esperando unha limpeza dende hai anos.

Ademais, o concello de Cambre segue á espera dunha contestación por parte do executivo de Feijóo en relación ás zonas de recreo proxectadas en varios puntos do río Mero. Ata en catro ocasións se solicitou permiso para abordar esta actuación que está pendente de resposta por parte da Xunta de Galicia.