O Temple pecha unha lexislatura de mellora de espazos públicos

O Temple pecha unha lexislatura de mellora de espazos públicos

Ao longo desta lexislatura, o goberno de García Patiño levou a cabo varias actuacións de mellora na parroquia do Temple. Actuacións que permitiron máis espazo para os veciños e veciñas así como espazos de calidade para o desfrute dos máis pequenos.

Foron moitas as actuacións que se levaron a cabo nas rúas do Temple. Melloras de pavimentación e reordenación de aparcamento en Ramón Cabanillas; melloras no saneamento e pavimentación en Vicente Risco e Curros Enríque; melloras de iluminación nas rúas Constitución, Eduardo Pondal e Curros Enríquez e na ponte romana; mellora na rede de pluviais do polígono de O Temple; construción das beirarrúas entre o polígono do Temple e A Coutelana. Tamén se soterraron as liñas telefónicas en Otero Pedraio e se fixeron obras de mellora na polideportiva do Temple.

O Temple tamén gañou en seguridade viaria coa mellora das beirarrúas na estrada Temple-Cambre, onde tamén se instalou unha zona de aparcamento fronte ao colexio Portofaro. Sendas seguras para os escolares dos colexios Graxal e Portofaro, completaron as actuacións en materia de seguridade viaria.

Melloráronse os parques infantís da parroquia, con actuacións nos parques das rúas Francisco Rodríguez e Manuel Lugrís e construiuse o novo parque infantil en Caso Cortines.

Esta lexislatura foi, ademais, a da descentralización municipal coa apertura da oficina de rexistro municipal no Temple e a posta en marcha do edificio de servizos múltiples no antigo centro de saúde.

A aprobación do proxecto da N-VI completa as actuacións no Temple ao longo destes catro anos. Este plan permitirá ordenar unha zona actualmente abandonada e reportar importantes beneficios para a parroquia. Grazas ao plan da N-VI vanse xerar 1.200 m2 de aparcadoiros públicos, 4.000 m2 de zonas verdes e vanse crear novos postos de traballo. Con esta actuación, o concello acadará novos ingresos a través do ICIO e o IBI e contará con 600.000 euros en edificabilidade para impulsar a I Fase de recuperación das Casas Bailly.

Outras actuacións licitadas

A transformación da parroquia do Temple continuará nos vindeiros meses con varias obras xa licitadas. Deste xeito, vaise reordenar o entorno das rúas Polígono e Francisco Añón, construirase o aparcamento provisional no entorno de Villa Concepción, reordenarase o espazo peonil da rúa Estanque e procederase a unha actuación de cambio estético no polideportivo de O Graxal e acondicionamento da cuberta de acceso ao polideportivo. Tamén está licitada a obra do peche perimetral do polideportivo do Portofaro e a remodelación e conservación do Paseo dos Templarios, obras estas últimas que xa comenzaron.

Con cargo aos orzamentos municipais de 2019, tamén se vai executar a II e III fase de rexeneración do Temple, a mellora do pavimento do paseo marítimo,  a reordenación do entorno da rúa Polígono e a pavimentación do camiño de O Pombo.