Unión por Cambre denuncia o que o goberno do Partido Popular non vota a favor nin das súas propias propostas
O goberno leva un Recoñecemento Extaxudicial de Crédito de facturas de actuación da subvención provincial da Rede Cultural, e se absteñen
A alcaldesa intenta trasladar a súa “maniobra” e responsabilidade a UxC pero resulta que cando se concedeu a subvención quen gobernaba era o PP que non contratou as actuacións nin fixo a pertinente Retención de Crédito
Cambre segue deixando imaxes inéditas para a historia como a acontecida no pleno deste 26 de marzo cando o grupo de goberno, do Partido Popular, leva a pleno a aprobación dun Recoñecemento Extraxudicial de Crédito por importe de 35.567 euros para o pago de facturas de actuacións que forman parte da subvención provincial da Rede Cultural, cun informe do coordinador de cultura que concluía que non procedía levantar os reparos formulados pola intervención municipal.
Ante esta situación insólita, e ante as dúbidas que esto xeraba, a voceira de UxC tentou acadar respostas de asesoramento das habilitadas nacionais que só se limitaron a leer o informe de intervención sobre as responsabilidades que supón a aprobación dun REC no que se prescindiu de todo procedemento.
Neste punto, a Alcaldesa tentou deixar a responsabilidade da aprobación no grupo de UxC cando, tal e como se lle explicou, esa subvención foi concedida sendo ela xa alcaldesa e o seu goberno foi quen non fixo o procedemento correspondente nin tentou solventar o tema da Retención de Crédito cando desde Cultura se tentou unha solución en varias ocasións. Ante esto, a alcaldesa chegou a lanzar unha historia de “maniobra” que ninguén entendeu para xustificar que nin sequera o grupo de goberno foi quen de defender a súa propia proposta e votala a favor, e levantando a man cun voto de abstención. O asunto no saiu adiante. UxC votou en contra e o resto de concelleiros e concelleiras se abstiveron.
Situación similar pasou en relación a outro REC de dúas facturas por importe de 1.642,70 euros de dúas facturas procedentes dun encargo verbal por parte do goberno sen procedemento ningún para a limpeza dun canalón no colexio de Sigrás e o arranxo da caldeira no campo de fútbol Dani Mallo. Preguntada á alcaldesa por quen deu a orde de facer esos traballos, deu a calada por resposta e tampouco puido demostrar a trazabilidade do encargo dos traballos e demais trámites tal e como esixía no seu informe o enxeñeiro de obra pública que informaba positivamente condicionado a que se incorporasen ao expediente a Retención de Crédito e a orde de traballo previo a súa aprobación. Sin resposta algunha por parte da alcaldesa, que xa mentiu sobre este tema no pleno extraordinario do 10 de marzo, asegurando ter informes que son asinados o 16 e 17 de marzo polo coordinador de deportes e educación e sinalando hoxe que esa trazabilidade a aportaría despois, cando era esencial para a emisión do voto por parte dos concelleiros e concelleiras.
Dende UxC lamentan a actitude dos populares que, frente as críticas verquidas durante a súa etapa na oposición, están facendo agora uso e abuso dos Recoñecementos Extraxudiciais de Crédito sen acreditar nin xustificar os levantamentos de reparo que están a solicitar nas súas propostas, como ocurriu nestes dous temas.
“O PP de Cambre pasou de ser anti RECs, a ser defensores a ultranza deste procedemento. O concelleiro de Economía e Facenda chegou a decir este xoves en pleno que esta é a fórmula que hai para pagar” apunta a voceira da formación local que esixiu seriedade ao equipo de goberno á hora de traer a pleno as propostas para que, como mínimo, eles mismos se atrevan a votalas a favor.





