UxC denuncia o abandono dos vehículos municipais por rúas e talleres

UxC denuncia o abandono dos vehículos municipais por rúas e talleres

A flota de vehículos municipal mérmase ante arreglos que non se fan por impago de facturas. Policía, Brigada de Obras e Protección Civil están agora sen algún dos seus coches de traballo

Unión por Cambre denuncia o abandono que o goberno local está a facer da flota de vehículos municipal tendo en conta que algúns vehículos que están funcionando precisan acudir ao taller para arreglos varios e outros, tres en concreto, xa non están traballando porque precisan de actuacións importantes e esperan o pago da factura para que os talleres accedan a arreglalos.

Neste días, calquera que pase por Cambre pode ver un vehículo policial, cheo de moo e totalmente abandonado en plena rúa de Cambre e, se se achega ata a Coruña, pode atoparse cunha furgoneta da brigada de obras que leva meses nunha rúa dun polígono pendente de que se abone a factura para poder ser reparada, porque os talleres piden a Cambre o pago anticipado visto a situación que o pago de facturas acumula no concello. Ás reparacións técnicas, haberá que sumar tamén o cambio de pneumáticos, visto que xa aparece coas rodas pinchadas.

E o tema non queda aí, porque un dos vehículos de maior uso da brigada, a Iveco, tamén está esperando para ser reparada noutro taller da zona e mentas tanto, a señora alcaldesa, fiel xa as súas mentiras, asegura en comisións informativas que o servizo de protección civil contaba con 6 vehículos en activo no mes de decembro, sabendo que porque  dous estaban inoperativos neses momentos. Os vehículos do Concello de Cambre non son prioritarios para o goberno, e sen vehículos algún servizos están mermados, pero iso tampoco parece importarlles aos concelleiros e concelleiras do goberno que sí priorizaron o pago dos premios de entroido para garantirse que houbese carrozas no entroido de Cambre ou se pagan a asignación do ano 2025 ao sue propio partido pero non lle deron saída a facturas de talleres para arranxar vehículos municipais

O nome de Cambre segue en caída libre porque, tal e como lembra a voceira de Unión por Cambre “Ese goberno que impedía o pago de facturas en pleno votando en contra cando nós pretendimos poñer ao día o pago a proveedores despois de comprobar que levar todo a revisión de oficio o único que garantizaba era o afundimiento total do concello, agora gobernando segue sen dar solucións. Non lles importa pagar facturas, non lles importa que vehículos municipais estén en estado lamentable polas rúas e ao non poder usarse, empeoren aínda máis os servizos municipais por falta de medios; non lles importa Cambre para nada. Eles chegaron cunha única misión, seguir na liña de crítica e acoso a Unión por Cambre sen aportar nada, sen solucionar nada e sen poñer en marcha esas fórmulas máxicas que tanto alardeaban dende a oposición. Lonxe de mellorar a imaxe deste concello, nestes 11 meses de goberno de Diana Piñeiro, a imaxe de Cambre está sendo pisoteada e ninguneada por quenes dicen ser os representantes dos veciños e veciñas no goberno”.

A Alcaldesa, en varias ocasións, criticou a traballadores e mesmo a UxC de estar danando a imaxe do Concello, pero as súas palabras quedan sen valor vendo a súa xestión.

Á perda de subvencións, o pago de recargos e intereses por incumplimiento coas obrigas tributarias municipais, un período medio de pago de 197,34 días a 31 de decembro de 2025 e declaracións fóra de lugar da alcaldesa falando de ilegalidades e acusando de mentir mesmo a representantes sindicais, súmase agora a lamentable imaxe de dous vehículos serigrafiados co escudo do noso concello que se atopan aparcados na rúa. “Ela sí está a dañar a imaxe de Cambre, ela sí está a poñer a saber qué intereses por enriba do interés xeral do Concello. Esta é a alcaldesa de Cambre”, conclúe a voceira de UxC, María Pan Lesta.