Unión por Cambre está a transformar O Temple nun núcleo de calidade...

Unión por Cambre está a transformar O Temple nun núcleo de calidade urbana

Coa primeira fase da rexeneración urbana do Temple, UxC comezou a mudar a zona máis poboada do concello para convertela nun lugar con espazos verdes, zonas de lecer e calidade de vida. Unha liña de traballo que continuará na vindeira lexislatura coa segunda fase desa rexeneración urbana que está gañando espazo para peón, enchendo as rúas e espazos públicos de mobiliario e zonas verdes e enchendo de árbores as súas rúas.

Con estes proxectos, O Temple ademais de ser máis atractivo para os seus veciños e veciñas tamén xera máis oportunidades comerciais e actividade terciaria, o que, sen dúbida, será un revulsivo para o seu crecemento poboacional e para xerar novas oportunidades laborais e económicas.

Por iso, a aposta do equipo de García Patiño por seguir investindo no Temple vaise traducir tamén en executar o remodelación integral do parque Ramón Barba para pór a disposición dos veciños e veciñas un espazo cultural, de lecer e deportivo de primeiro nivel, así como avanzar na renovación do paseo marítimo do Temple e continuar co desenvolvemento urbanístico da N-VI que permitirá dar un primeiro paso na recuperación das Casas Bailly e dotará ao núcleo máis poboado de Cambre dun espazo de aproveitamento terciario así como de zonas verdes e dotacións e vivenda tanto libre como de protección oficial.