Unión por Cambre solicita á alcaldesa que controle os verquidos ilegais

Unión por Cambre solicita á alcaldesa que controle os verquidos ilegais

UxC considera que a resposta da Alcaldesa deben ser froito do descoñecemento das responsabilidades que ten a administración local

Despois da resposta  recibida da Alcaldesa de Cambre informando que a recollida de residuos sólidos urbáns corresponde ao Consorcio das Mariñas, o Grupo Municipal de Unión por Cambre volveu a solicitar por rexistro o solicitado o pasado 6 de xullo de 2025 en relación cun verquido incontrolado de lixo nas inmediacións do Polígono Industrial do Espíritu Santo.

Unha cousa é a recollida dos residuos sólidos urbáns, que sí é un servizo que leva o Consorcio, e outro é o control e eliminación dos puntos de verquidos incontrolados, como neste caso, no que preto duns colectores se acumulaban rodas, baldes e outro tipo de residuos que nada teñen que ver coa recollida que fai o Consorcio das Mariñas. Residuos, que no caso por exemplo dos pneumáticos, deben ser depositados nos puntos habilitados. Non todo o que se tira ao lixo son residuos sólidos urbanos, porque hai moitos exemplos de residuos que se deixan ao lados dos colectores que precisan dun servizo diferente ao que presta o Consorcio coa súa recollida habitual. E iso é do que estamos a falar neste caso.

Dende Unión por Cambre esperan que esta resposta sexa froito do descoñecemento por parte da Alcaldesa das competencias da administración local.

O grupo Municipal de Unión por Cambre volveu a presentar por rexistro un escrito solicitando a actuación do goberno para erradicar este tipo de depósitos ilegais de residuos e lembrándolle a Alcaldesa a súa obriga de actuar.