O pleno aproba as mocións en defensa da Vía Ártabra e a...

O pleno aproba as mocións en defensa da Vía Ártabra e a prol de Sementeira

O goberno de Diana Piñeiro votou en contra das dúas mocións e A.V en contra da moción da Vía Ártabra

No pleno municipal de xullo, celebrado este xoves 31 de xullo, Cambre viviu unha situación algo insólita. O goberno de Diana Piñeiro, con catro concelleiros, votou en contra, xunto con Alternativa dos Veciños, da moción presentada por Unión por Cambre en defensa da Vía Ártabra, tal e como sempre defendeu Cambre con varios acordos plenarios aprobados por unanimidade. Por primeira vez, o Partido Popular de Cambre sepárase desa reivindicación histórica que se resume en vial sen peaxe, entronque en Catro Camiños e en A Corveira, consolidación da malla viaria prevista no Plan Sectorial que recolle a Vía Ártabra entre Lorbé-A6 e con conexión coa AP-9 e a programación de todos os viarios previstos no Plan Sectorial e Plan Director recuperando ao programa os tramos eliminados no Plan MOVE 2009-2015 como son o tramo AP-9-A6 e a Transversal de Arteixo coa 3ª Ronda.

Pois ben, o goberno de Diana Piñeiro defende a ultranza o trazado da Xunta, vaia por donde vaia, porque este goberno lonxe de reinvidicar o mellor para Cambre, un vial que de servizo aos veciños e veciñas e, sobre todo, libre de peaxe, segue as directrices que lle marcan en Santiago. Salvo PP e AV, o resto de grupos votaron a prol e quedou aprobada.

Unión por Cambre tamén levou a pleno unha moción a prol de Sementeira que o grupo de goberno encabezado por Diana Piñeiro tamén votou en contra, argumentando que iso de poñer unha data para asinar o convenio con Sementeira non o admitían porque non sabían si o poderían cumprir e que na mesa de traballo proposta por UxC, non estiveran sentadas as habilitadas nacionais, pedindo modificar estos dous puntos.

Unión por Cambre, non modificou a proposta de acordo na que se pedía que se asinase o convenio con Sementeira na primeira quincena de agosto e que se crease unha mesa de traballo con presencia de Sementeira, representantes de todos os partidos da Corporación e as habilitadas nacionais (que son as que están poñendo en cuestión e informando en contra o convenio) para buscar unha solución consensuada para garantir a viabilidade de Sementeira. O resto de grupos, votaron a prol e quedou aprobada.