PP e BNG votan en contra dunha solución para liquidar a débeda...

PP e BNG votan en contra dunha solución para liquidar a débeda coa EDAR de Bens e regularizar a forma de pago

A pesar de que o goberno non deixou debatir á enmenda presentada por Unión por Cambre neste sentido, esta transformouse en moción e saiu aprobada por 12 votos a favor, os de UxC, PSOE e concelleira non adscrita

Unión por Cambre acaba de conseguir  que o pleno municipal con 12 votos a favor, os dos concelleiros e concelleiras de UxC, PSOE e concelleira non adscrita, saise adiante unha moción para solventar dunha vez a deuda coa EDAR de Bens ao tempo que regularizar a situación para que os pagos se poidan efectuar sen ningún problema, como se ven facendo no resto dos concellos. Unha solución que nin o PP nin o BNG quixeron aprobar e na que AV se abstivo.

A problemática que ven de anos atrás, por diferencias na interpretacións xurídicas dispares, dende hoxe entra nun novo punto ao ter que informarse técnicamente a proposta de Unión por Cambre, de informar un convenio entre Cambre e EDAR de Bens que ata o momento a interventora se negou a informar dende a súa chegada a Cambre e tamén coa liquidación da deuda pendente, tal e como se fixo nos ano 2018 cos informes a favor da intervención municipal.

Dende Unión por Cambre deféndese unha solución definitiva, á mesma que intentou levar a cabo durante o seu goberno pero que non conseguiu que se emitirán os informes correspondentes por parte da intervención municipal para poder facela efectiva. Coa aprobación da moción no pleno de hoxe, aprobase o inicio de expediente e teránse que facer os informes perceptivos para que, de ser informados favorablemente, o tema podería levarse xa a dictamen da comisión informativa en setembro e despois a pleno.

Dende UxC, o concelleiro Juan González Leirós explicou que esto xa se propuxo o mes pasado a través dunha enmenda, quedou todo sobre a mesa e o que non pode ser e que un mes despois, sen que o goberno nin sequera se molestase en chamar a UxC a unha reunión que mantivo co resto de grupos para abordar o tema, pretendese dicir que non procedía a enmenda e o tema quedase outra vez sen tratar.

A proposta do goberno, de modificar a ordenanza reguladora da prestación patrimonial de carácter non tributario polo servizo público de tratamento e depuración de augas residuais, que hoxe trouxo de novo o goberno a pleno e non prosperou, non solventaba o problema porque, tras esa modificación que non é necesaria, deberían sacar adiante o convenio. Deste xeito afórrase tempo e pódese, se o goberno realmente quere, levarse ao pleno de setembro a solución definitiva á problemática coa EDAR de Bens, cuxo pago da débeda podería afrontarse sen problema ningún vendo a liquidez que ten o Concello de Cambre, que tal e como poidemos saber renovou por tres meses máis ese depósito a prazo de 22 millóns de euros.

“Sra. Alcaldesa, como sempre lle dixemos, nós si remaremos nas solucións para Cambre. Se vostede non as aporta, aportámolas nós, que non é máis que seguir a folla de ruta na que traballábamos durante o goberno e non puido sair polas razóns que todo o mundo sabe. Só lle pido que, se nós poñemos solucións efectivas enriba da mesa, cando menos que nos escoite e as estude porque, aínda na oposición, UxC ten moito que dicir e segue a ser o grupo con máis representación na corporación. Cómo mínimo, debería vostede escoitarnos”, remata a voceira de Unión por Cambre María Pan Lesta que agradece o voto favorable tanto dos socialistas como da concelleira non adscrita.