UxC abrirá El Seijal para organizar bailes para maiores e actividades culturais
Os bailes do Seixal volverán a Cambre da man de UxC, tal e como o anunciou o alcalde e candidato de UxC na presentación do pasado venres cando explicou que vai recuperar esta clásica sala de festas. “O Concello precisa dun espazo que permita a realización de eventos cunha capacidade superior ás 500 persoas e que complemente o futuro salón de actos de Cambre e, ese lugar, vai ser a antiga sala de festas”, anunciou García Patiño.
A intención é converter El Seijal non lugar de referencia “da actividade social e cultural de Cambre”, reseñou García Patiño que añadiu que se proporá unha programación completa de eventos musicais e culturais tales como teatro ou concertos e por suposto, organizar os bailes de maiores que contarán cun servizo de transporte municipal dende todas as parroquias.
Esta instalación completaría así o espazo que para actividade cultural hai tamén no baixo da Biblioteca Central María Pita, cuxo remate está previsto abordar tamén neste vindeira lexislatura o que permitiría a Cambre contar con dúas instalacións de referencia para organizar todos os eventos culturais.