UxC creará o consello xuvenil para dar aínda máis voto a mocidade de Cambre
O partido que lidera Óscar García Patiño continúa apostando pola participación activa da mocidade para o desenvolvemento do noso concello. Por esa razón, de cara á vindeira lexislatura, propoñemos a creación dun consello xuvenil de participación onde a mocidade de Cambre poida expresar as súas propostas, non só para a programación que se oferta desde a OMIX, senón tamén en moitos máis ámbitos de interese xeral como poden ser o urbanismo, a cultura, o benestar social, a educación ou o deportes, entre outros.
Son eles, os mozos e mozas de Cambre, os que están chamados a coller o relevo xeracional en todos os eidos sociais e económicos do concello en breve, de aí a importancia que ten a súa participación activa na vida do concello para que se sintan protagonistas e opten por quedar en Cambre a facer aquí a súa vida.
Xunto con este Consello Xuvenil, UxC quere poñer en marcha, pensando na mocidade, novas iniciativas como as primeiras xornadas de Japan Cambre orientadas á cultura xaponesa e ao mundo manga, así como seguir apostando por mellorar, aínda máis, programas como o Por Fin é Venres ou a programación anual que se desenvolve desde a OMIX.
Precisamente, en relación con la Casa da Xuventude de Arrigada, seguirase a traballar para recuperar o seu xardín para gañar máis espazo para desfrute da mocidade.