O goberno de Diana Piñeiro coacciona á corporación municipal

O goberno de Diana Piñeiro coacciona á corporación municipal

O pleno municipal sacou adiante hoxe a proposta de alcaldía para levar ao POS de 2026 a mellora de Fernando Buesa, que quedou deserta cando o licitou o goberno de UxC, así como a fase 1 de Paseo dos Templarios que tampouco se chegou a adxudicar, así como un paquete de arranxo de camiños. O punto de conflicto era o proxecto para levar o arquivo municipal a un baixo da Barcala, que ten moitos visos de non prosperar porque, entre outras cousas, non teñen o visto bo da comunidade de propietarios que ten que dar o visto bo ás obras.

Precisamente, ese foi o punto con máis debate nas comisións do pasado martes donde o resto de grupos da corporación expresaron o seu rexeitamento a ese proxecto e se puxo sobre a mesa, por parte de Unión por Cambre, desistir da obra de mellora do entorno do Apeadeiro que aínda está sin adxudicar e ten un período de execución de 6 meses, e trasldar dita obra ao complementario deste ano.

Se ben o concelleiro de Economía e Facenda pechou en seco esa posibilidade, a alcaldesa comprometeuse a estudialo antes do pleno. Visto que a día de hoxe, non sabíamos nada do tema, UxC presenta una enmenda no sentido da proposta que se expuso nas comisións do pasado martes e cal foi a nosa sorpresa que, despois de todos os turnos de intervención, e xusto antes da votación, a Sra. Piñeiro deu o seu clásico discurso dicindo que iso non se podía facer, que tiña informe xurídico que concluía que aprobar á enmenda deixaría a Cambre sen o POS e volvendo a apelar a unha responsabilidade dos partidos nun tono, canto menos, coa intención de coaccionar o voto, algo que finalmente acadou.

No seu último turno de intervención, a voceira de Unión por Cambre, espuxo os argumentos polos que se podería pedir a Deputación o desistimento a esa obra e propoñer pasala ao complementario de 2026, conscientes que a obra ten moitas dificultades para poder executarse e xustificarse en tempo e forma, e sobre todo tendo en conta que esta mesma acción se levou a cabo en decembro para incorporar ao Adicicional a mellora da Balastreira, ao tempo que solicitou ese suposto informe que avalaría a intervención da Alcaldesa.

“Estamos ante un goberno autoritario, que xoga cos tempos para acorralar á oposición e conseguir sonsacar ese voto a favor só por no perder unha subvención. Unión por Cambre non se aminala aos chantajes ou, como dí a Sra. Alcaldesa “recomendacións” para tentar influenciar o sentido do voto e votou non en consecuencia, sabendo que alí ían proxectos importantes que veñen dos seus goberno ou o proxecto de camiños que presentou o goberno do PP, pero non vai consentir que o autoritarismo se instale en Cambre e un goberno de catro queira imponer a súa vontade por riba do interés xeral dun concello. Polo de agora, e dende setembro, aínda non foron quen de explicar por qué é tan importante para Cambre levar para alí o arquivo municipal”, conclúe Pan.