UxC leva a pleno que o ximnasio do colexio de Cambre leve...

UxC leva a pleno que o ximnasio do colexio de Cambre leve o nome de Óliver Díaz Docando

Ao pleno do 25 de abril, UxC intentará lograr os apoios necesarios para que o ximnasio do colexio de Cambre leve o nome de Óliver Díaz Docando, Don Óliver. Unión por Cambre leva a pleno unha iniciativa que xurdiu dun grupo de ex alumnos do centro cambrés que propuxeron, no seu día, darlle o nome deste profesor a algunha rúa ou edificio público do concello.

Óliver Díaz chegou a Cambre no ano 1976 como profesor dun recén inaugurado colexio público de Cambre. Alí impartiu clases de ximnasia e outras disciplinas e puxo en marcha actividades como balomán, atletismo ou xabalina, disciplinas que situaron ao centro cambrés en postos moi relevantes de competicións provinciais e autonómicas.

Veciño de Cambre dende hai décadas, Don Óliver dirixiu durante anos o colexio de Cambre e xubilouse sendo mestre do IES Afonso X O Sabio alá polo ano 2012. Para moitos de nós, que tivemos a sorte de compartir con él os anos da EXB ou do instituto, é unha desas persoas que deixa pegada e con quen sempre é atoparse na rúa e charlar un pouco.

Este lugués, que fixo de Cambre o seu fogar, adicou a súa vida á educación dos rapaces e rapazas de Cambre. Dende UxC queremos, con este nomeamento, agradecerlle todo o que fixo pola educación no concello.