UxC propón que o salón de actos da Casa da Cultura leve...

UxC propón que o salón de actos da Casa da Cultura leve o nome de Xosé Manuel Seivane

Ao pleno de abril, Unión por Cambre, levará unha moción para que o salón de actos da Casa da Cultura que se está a construir no centro da vila leve o nome do patriarca da familia Seivane. Xosé Manuel Seivane Rivas, gaiteiro e fabricante de gaitas, foi un home que encontrou en Cambre, e máis concretamente en Cecebre, o lugar onde vivir.

Os Seivane, que chegaron a Cambre na década dos 90, son unha familia moi vinculada coa cultura e están a levar o nome do concello por todo o mundo dende o traballo que desenvolven no seu obrador de gaitas de Cecebre. Os Seivane, unha saga de gaiteiros de renome que ten en Susana Seivane a súa gaiteira máis coñecida, colaboran en todo o que se fai a nivel institucional.

Con este nomeamento, UxC pretende agradecer á familia Seivane todo o que está a facer pola posta en valor da cultura galega e por poñer a Cambre no mundo da gaita a nivel internacional. A iniciativa de UxC intentará recabar os apoios necesarios para que o nome de Xosé Manuel Seivane Rivas quede para sempre vinculado a Cambre.