Os veciños de Santa María de Vigo desfrutan da unitaria como local...

Os veciños de Santa María de Vigo desfrutan da unitaria como local social

Foi nesta lexislatura do goberno de Óscar García Patiño (UxC) cando finalmente o local da unitaria de Santa María de Vigo, en desuso dende o peche da escola, se adecuaba para converterse no local social da parroquia. Alí, hoxe, os veciños organizan actividades e poden reunirse cando o desexen.

Pero tamén foi a lexislatura na que se arreglaron camiños como o de Currás, que foi asfaltado, e, en breve, procederase ao arranxo da peche perimetral da pista polideportiva que leva anos en mal estado.

A esta parroquia chegará tamén, cos orzamentos de 2019,  obras de mellora e pavimentación do camiño de San Roque, Fonte Cuntín e Cobazas.