Meixigo desfruta do seu local social

Meixigo desfruta do seu local social

Despois de tres décadas, o goberno que dirixe García Patiño (UxC), foi capaz de rematar e poñer a funcionar o local social de Meixigo que levaba trinta anos esperando unha actuación. Hoxe os veciños deste núcleo de poboación de Cambre, teñen donde facer actividades e reunirse. Precisamente, con cargo aos orzamentos de 2019, vaise a acondicionar o baixo cuberta do local, onde se ubicarán oficinas para uso das asociacións.

Se ben esta foi a principal actuación no lugar de Meixigo, nesta lexislatura tamén se acondicionou o camiño de Meixigo a Bandebóo e reubícaronse colectores. De feito, en breve vaise retranquear o primeiro colector entrando dende Cela para que non entorpezca o tráfico.

A limpeza de camiños completou as actuacións desta lexislatura na que tamén houbo que actuar, en varias ocasións, para reabrir o camiño que vai as Telleiras por caída do muro perimetral da urbanización O Retiro.