PP, BNG y AV abstéñense na petición de axilizar as axudas polos...

PP, BNG y AV abstéñense na petición de axilizar as axudas polos afectados da vaga de lumes

Co voto a favor de UxC, PSOE e concelleira non adscrita saiu adiante a  moción presentada por Unión por Cambre de apoio ás vítimas dos incendios

Unión por Cambre levou ao pleno de agosto unha moción en apoio aos afectados pola vaga de lumes na que proponía a Xunta e Goberno Central, axilizar as axudas aos afectados pola vaga de lumes pero tamén instar ás administracións competentes a revisar os protocolos de emerxencias e adecualos ás novas modalidades de emerxencias que están xurxindo.

Durante a defensa da moción, o concelleiro de UxC Daniel Mallo Castro, lembrou tal e como se pide na proposta de acordo, da necesidade de redefinir o modelo de xestión en materia de emerxencias, dotando de medios materias e humanos aos Parques Comarcais e aos Servizos Municipais de Protección Civil e Emerxencias, porque unha poboación de case 100.000 habitantes dos concellos de Arteixo, Culleredo, Oleiros, Cambre e Carral, depende nestes intres dun parque comarcal ubicado en Arteixo que conta con tres bombeiros.

Mallo tamén solicitou instar ás administración competentes a que rematen coa precaridade laboral das brigadas e traballadores forestais para que durante todo o ano poidan levar a cabo labores de prevención para evitar os lumes que cada ano arrasan os nosos montes ou alomenos que estos non sexan tan graves.

Finalmente, UxC, instaba tamén tanto á Xunta como ao Goberno Central que deixen de usar os lumes como arma política e que den facultalde aos técnicos para que se sexan eles que teñan a potestade de decretar os niveis de alerta, rematando así coa guerra política que xa se desatou por mor da DANA e que estos días estamos a ver de novo. A moción saiu adiante co voto a favor dos concelleiros e concelleiras de UxC, PSOE e concelleira non adscrita e coa abstención do resto dos grupos.