Facer de Cambre un lugar de atractivo cultural, económico e turístico.
Cambre

1 – Desenvolver a Unidade de Execución de Morás para crear plazas de aparcadoiro público.
2 – Trazar ronda a Campo da Feira conectando a estrada da Estación co cruce de Pravio- Cela (detrás da Igrexa e do Parque). Permite converter o centro en espacio peonil e ampliar a propia Feira.
3 – Recuperar o espacio do Castro de Cambre poñendoo en valor.
4 – Conectar a estrada da Estación coa da Telva evitando a circulación de vehículos pola zona centro.
5 – Conectar a estrada de Pravio coa Rúa do Balado, e esta, á súa vez, coa estrada Cambre- O Temple.
6 – Reordenar a zona industrial xa existente.
O Temple

1 – Reordenar a zona industrial da Rúa Polígono.
2 – Apertura do viario entre O Seixal (Oleiros) e a antigua peaxe da Autoestrada. Desconxestionar a Costa da Tapia, posibilitando a conexión entre as dúas zonas do Temple e unha mellor calidade da relación comercial.
3 – Espazos de calidade urbana: potenciación do comercio de proximidade facilitando o percorrido do Paseo.
4 – Zonas de aparcadoiro.
A Barcala

1 –Zonas de aparcadoiro.
2 -Estación de tren de proximidade e aparcadoiro.
3 – Eliminar a conexión proposta pola Xunta e levala á Marisqueira.
4 – Parte do trazado da Ronda a Cambre.
5 – Acceso directo á zona da Piscina.
6 – Zona Dotacional.