UxC alerta que o Concello so conta con 4 axentes de policía de luns a venres en horario de mañán para atender a 24.800 habitantes
A situación do corpo da Polícía Local de Cambre non deixa de empeorar coa marcha, recentemente, dun novo axente que deixa a tres efectivo en turno xunto cun oficial que exerce de xefe en funcións. O resto, dous de baixa e un en segunda actividade, é o total dun corpo mermado ata o extremo nos últimos meses por quenes dixeron por activa e por pasiva que iban a solventar a situación e traer axentes para mellorar a seguridade no concello de Cambre.
Lonxe de mellorar as cousas, o goberno de Diana Piñeiro reduxo á mínima expresión o corpo policial co que, agora mesmo, só pode garantir servizo de Policía Local de luns a venres de 8 a 15 h. para regular o tráfico e pouco máis, nun concello de preto de 25.000 habitantes no que o Servizo de Protección Civil tamén está baixo mínimos, con un axente por turno. Por elo, UxC pedirá responsabilidades ao actual goberno local polos problemas que está situación vai xerar na poboación.
O resto de postos que existen na Relación de Postos de Traballo de Cambre (21 axentes, 2 oficiais e un inspector xefe), un axente en segunda actividade e o resto vacantes porque o goberno do Partido Popular lonxe de reforzar o servizo mermouno aínda máis ata unha situación na que, os veciños e veciñas de Cambre, están supeditados á sorte ante situacións sobrevidas nas que precisen asistencia da Policía Local ou do Servizo de Protección Civil.
Esto é o balance dunha política de acoso e derribo contra o corpo da Policía Local de Cambre que arrancou en 2021 da man de Olga Santos, número 3 na lista de Alternativa dos Veciños en Cambre no ano 2023 nas eleccións municipais. Ela, xunto a que era concelleira de Ciudadanos e máis o BNG, empezaron unha campaña de acoso e derribo contra a Policía Local ao tempo que demandaban máis presencia policial nas rúas. Campaña á que se sumou, nada máis chegar, a actual alcaldesa de Cambre efectuando preguntas en pleno e mesmo pedindo comparencias en sede plenaria da alcaldesa naquel momento, María Pan, e o concelleiro de Seguridad Ciudadá, Daniel Mallo, pedindo incluso a súa dimisión pola situación dun corpo da Policía Local totalmente mermado.
Ese acoso e derribo contra o nomeamento do Inspector Xefe de Policía, avalado por sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e máis os reparos suspensivos da interventora ao pago de horas extraordinarias para cubrir os turnos de 24 horas ao día todos os días do ano, conlevou ao desmantelamento total e absoluto dun corpo policial que na actualidade vela pola súa ausencia.
Dende a chegada de Diana Piñeiro á alcaldía, a situación lonxe de mellorar empeorou tendo, a día de hoxe, un servizo de 8 a 3 no mellor dos casos. Se ben a Alcaldesa deu a benvida con foto incluída cando chegou o último axente, despois da correspondente formación na academia, esa praza foi sacada a concurso polo goberno de UxC. Piñeiro, polo momento, non acadou mellorar en nada o corpo da Policía Local ata tal punto que foi incapaz de que as 13 prazas que o goberno de Pan deixou enviadas á Dirección Xeral de Emerxencias para convocar por mobilidade antes do cambio de goberno, que finalmente non saían adiante por non enviar á Dirección Xeral o certificado que debía emitir a secretaria municipal para convocar ditas prazas, perdendo así unha oportunidade histórica para a Policía Local e poder reestructurar un equipo que se desmoronou dende xuño de 2023, ante a negativa da interventora de poder pagar horas extras en servizos prestados fóra dos cuadrantes que marcan a xornada ordinaria de traballo da Policía Local de Cambre, tal e como se aprobou en 2018.
Ahora, as horas que se fan fóra da xornada laboral ordinaria se compensan en días libre o que merma todavía máis o servizo ao quedar os veciños e veciñas de Cambre sen policía neses días que lles hai que compensar por facer traballos fóra da súa xornada para atender, como fixeron recientemente, un evento como Entroido Pequeño.
Unión por Cambre deixou a alcaldía e o goberno en abril de 2023 con 10 axentes na Policía Local. En menos de 12 meses, o goberno popular mermou incluso máis este corpo que ten como función principal a seguridade viaria e das persoas no Concello de Cambre. Servizo que, a día de hoxe, só se presta de luns a venres en horario de mañá.
Diana Piñeiro dende a oposición non deixaba de esixir facer máis atractivas as prazas da Policía Local de Cambre, dende a súa chegada á alcaldía parece que cada vez as fixo menos atractivas ao deixar fóra do acordo das 35 horas semanais que levou a pleno únicamente ao corpo da Policía Local.
Os veciños e veciñas de Cambre, ante a falta dunha política de seguridade do goberno popular para o que a única prioridade e poñer bonita a Casa Consistorial e tentar levar para A Barcala o arquivo municipal, ben mermado un servizo esencial como é a súa protección e seguridade e teñen que recurrir de forma asidua ao 112 ante situacións de emerxencia que non teñen solución agora con medios locais.
Desde comisións de servizos e mobilidade a praza por oposición libre
O goberno de Unión por Cambre sí tentou por varios medios de recuperar íntegramente o corpo da Policía Local de Cambre, tras a marcha de moitos axentes a outros concellos.
Nese momento,e ante a perda de efectivos e ante as tres formas tasadas que hai de poder cubrir as vacantes no corpo da Policía Local, o goberno de UxC sacou por oposición libre unha praza na OPE de 2024, proceso que arrancou en setembro de 2024 e que en xullo de 2025 trouxo un novo axente a Cambre.
Outra das fórmulas para traer axentes de Policía Local a Cambre é o sistema de comisión de servizos, que trouxo a un axente novo a Cambre en decembro de 2024.
A última fórmula para poder traer máis axentes para a Policía Local é a mobilidade. En decembro de 2023 sacáronse 4 prazas que quedaron desertas e a inicios de 2025 empezouse o procedemento para convocar 13 prazas por mobilidade, que Piñeiro non conseguiu sacar por mor dun certificado da secretaria municipal que non se chegou a emitir.
De corpo de referencia na comarca a súa práctica disolución
Con 17 axentes, antes do verán de 2023 tras os informe de intervención que non permitían o pago de horas fóra da xornada habitual de traballo, a Policía Local de Cambre cubría todas as súas funcións con patrullas en todos os turnos durante todos os días do ano, ademais de atender mediante un convenio, o sistema de Vioxen para a protección de mulleres vítimas de violencia e/ou malos tratos. Tamén cubríanse, mediante un convenio coa DGT, as incidencia de tráfico en estradas Estatais, da Xunta ou Deputación que discurrían polo noso concello, garantindo así unha atención máis rápida, algo crucial en moitos casos.
Cambre pasou así, de ser un referente da comarca, a un concello no que os coches invaden beirarrúas e campan as súas anchas, deixouse de prestar ese servizo de apoio ás vítimas de violencia de xénero así como a atención de incidencia de tráfico nas estradas que, non sendo munipais, trascurren polo territorio cambrés. En menos de doce meses, o único que se acadou é que os veciños teñan que facer máis chamadas ao 112 ante a ausencia de resposta ante incidencias tanto no teléfono da Policía Local de Cambre como do servizo de Protección Civil.





