UxC reforza A Barcala como núcleo urbano de servizos públicos

UxC reforza A Barcala como núcleo urbano de servizos públicos

A Barcala converteuse xa nun núcleo urbano de servizos públicos onde se localizan tanto dependencias administrativas como educativas e deportivas, formando parte xa dunha trama urbana que conecta Cambre co Temple.

Desde UxC búscase reforzar ese perfil dun núcleo que, hoxe en día, deixou de ser xa un barrio dormitorio para ofrecer servizos á veciñanza. Por iso vaise a continuar a traballar coa Xunta para a construción, en Lendoiro, dun centro de día para maiores e do terceiro IES. Así mesmo, apostarase por remodelar o campo de fútbol de Lendoiro, cuxo proxecto xa está en elaboración.

Tal e como se recolle no Plan Xeral, A Barcala é unha das zonas que está chamada a medrar. Por iso, desde UxC vanse vincular os desenvolvementos urbanísticos coa creación de novos espazos verdes para desfrute de veciños e veciñas, así como continuar co plan de reforma integral das prazas da urbanización da Barcala que están mudando por completo este espazo que foi concibido, inicialmente, como barrio dormitorio e hoxe xa é un espazo de servizos públicos.