UxC destinou máis dun millón de euros na mellora de estradas e...

UxC destinou máis dun millón de euros na mellora de estradas e camiños

Un total de 1.274.771,14 millóns de euros. Esa  foi a cantidade que Cambre destinou á mellora de estradas e camiños na última lexislatura. Actuouse en máis de 70 vías, con traballos de acondicionamento por raíces, afirmado en aglomerado, afirmado en saburra, apertura e limpeza de camiños, entubado de gavias e apertura de novas sendas peonís. Actuacións coas que se mellora a mobilidade e seguridade de peóns e conductores.

Ao longo desta lexislatura fíxose tamén un importante traballo de sinalización dos rueiros, parroquias e puntos de interese turística e patrimonial. A sinalización que xa chegou ás parroquias de Santa María de Vigo, San Lourenzo, Bribes, Andeiro, Anceis, Cela e  Brexo-Lema e neste ano completarase coa sinalización das parroquias das parroquias de Sigrás, Pravio e Cecebre, rematando así toda a sinalización do rural do concello. Estas obras de sinalización supuxo un investimento de 90.000 euros e supuxo a colocación de 300 sinais.